Marco Mattiacci, nado en Roma en 1969 ou 1970 é un director deportivo italiano, director do equipo de Fórmula 1 Scuderia Ferrari desde o 14 de abril de 2014.[1] Ata a data do seu nomeamento, exercía de presidente e CEO de Ferrari en Norteamérica. Substituíu a Stefano Domenicali no posto.

Marco Mattiacci
Nacemento8 de decembro de 1970
Lugar de nacementoRoma
NacionalidadeItalia
Alma máterUniversidade de Roma La Sapienza
OcupaciónDiretor desportivo e empresario
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Marco Mattiacci empezou a traballar en Jaguar en 1989, cando Ford se fusionou coa compañía. No ano 1999 foi contratado por Ferrari para aumentar vendas en rexións concretas. Ocupou as máis diversas posicións en diferentes rexións do globo, ata que en 2010 foi nomeado CEO de Ferrari en Norteamérica.[2]

Primeiro encargóuselle crear a rede suramericana. Despois enviárono a Oriente Medio; alí montou a área de distribución. Logo pasou por Finlandia e Rusia, e a principios do 2000 encargouse do relanzamento da marca Maserati nos Estados Unidos. Posteriormente enviárono a Asia: catro anos na China para desenvolver o mercado, recuperar o mercado xaponés das mans dos importadores privados e desenvolver toda a rexión do Pacífico. Finalmente trasladárono a EUA co cargo de CEO para todo o continente, a área máis grande da firma, onde teñen ao redor de 40.000 clientes nese país, e o desafío de desenvolver Latinoamérica (o Brasil, México, Chile e a Arxentina).

Notas editar

  1. 20 Minutos. "Domenicali dimite al frente del equipo Ferrari" (en castellano). Consultado o 14 de abril de 2014. 
  2. Joe Saward. "Who is Marco Mattiacci?" (en inglés). Consultado o 14 de abril de 2014.