Marcelino Martínez Castro

político español

Marcelino Martínez Castro, nado en Vilalba en 1877 e finado no mesmo concello en novembro de 1957, foi un político republicano galego.

Infotaula de personaMarcelino Martínez Castro
Biografía
Nacemento1877 Editar o valor em Wikidata
Vilalba, España Editar o valor em Wikidata
Mortenovembro de 1957 Editar o valor em Wikidata (79/80 anos)
Vilalba, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Vilalba
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estivo emigrado en Cuba. Foi concelleiro en Vilalba durante a primeira etapa da ditadura de Primo de Rivera e foi presidente do Centro de Artesanos (1926). Durante a Segunda República foi Presidente da Organización Republicana Agraria de Villalba, integrada na ORGA. Logo do triunfo do Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936 foi nomeado concelleiro gobernativo e elixido alcalde de Vilalba o 4 de marzo.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e ingresou no cárcere de Lugo o 3 de agosto, foi xulgado en Lugo por traizón, permanecendo en prisión ata o 9 de abril de 1937. Finou en Vilalba en novembro de 1957.[2]


Predecesor:
Antonio Peña Novo
  
Alcalde de Vilalba
 
1936 - 1936
Sucesor:
Manuel Pena Vidal

Vida persoal editar

Casou con Carmen Carballeira Goldeiros, filla de José Carballeira Fraga.

Notas editar

  1. BOP Lugo, 28-7-1936, p. 1-2.
  2. El Progreso, 13-11-1957, p. 5.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar