José Carballeira Fraga

comerciante e político galego

José Carballeira Fraga, nado en Vilalba cara a 1865 e finado no mesmo concello o 21 de febreiro de 1953, foi un comerciante e político galego.

Infotaula de personaJosé Carballeira Fraga
Biografía
Nacemento1865 Editar o valor em Wikidata
Vilalba, España Editar o valor em Wikidata
Morte21 de febreiro de 1953 Editar o valor em Wikidata (87/88 anos)
Vilalba, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Vilalba
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncomerciante , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Comerciante, foi presidente da Unión Comercial Villalbesa. O 12 de marzo de 1930 foi elixido presidente do Comité Republicano de Vilalba adherido á ORGA. Foi o primeiro alcalde da Segunda República de Vilalba presidindo a Comisión Xestora. Afiliado a Izquierda Republicana, foi elixido presidente da Agrupación de Vilalba constituída o 26 de xuño de 1934.[1] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi expedientado e sancionado por responsabilidades civís ou políticas. Finou en Vilalba o 21 de febreiro de 1953.[2]


Predecesor:
Manuel Fraga Bello
  
Alcalde de Vilalba
 
1931
Sucesor:
Jesús Ramil Cillero

Vida persoal editar

Casou con Josefa Goldeiros García, e foi pai de Rosendo, Carmen, José, María, Remedios, Irene, Manuel e Josefa Carballeira Goldeiros.

Notas editar

  1. Izquierda Republicana. Galicia
  2. El Progreso, 22-2-1953, p. 3.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar