Marc Bolan
Marc Feld, coñecido polo pseudónimo Marc Bolan, nado o 30 setembro de 1947 e finado o 16 de setembro de 1977, foi un músico e cantante de rock británico.
Marc Bolan | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 30 de setembro de 1947 |
Stoke Newington | |
Falecemento | 16 de setembro de 1977 |
Barnes | |
Causa | accidente de tráfico |
Soterrado | Golders Green Crematorium |
Nacionalidade | Reino Unido |
Relixión | Xudaísmo |
Ocupación | guitarrista, cantautor, cantante, rock musician e modelo |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Xunto ao percusionista Steve Took fundou en 1967 a banda Tyrannosaurus Rex, despois chamada T. Rex. Baixo ese primeiro nome gravaron tres álbums:My people were fair and Had Sky in their hair but now they're content to wear stars on their brows (1968), Prophets, seers and sages, the angels of the ages (1968) e Unicorn (1969).
A comezos dos anos 70 a formación orixinal separouse e Bolan uniuse a Mickey Finn para formar T. Rex. Os seus éxitos máis lembrados son cancións con Children of the revolution, Ride White Swan, Hot Love e Get it on, todas elas números un no Reino Unido. A mediados dos anos setenta, a popularidade de Marc Bolan descendeu pese a que T. Rex continuou sancando discos á venda. Faleceu nun accidente de coche en Londres, cando tiña 29 anos. T. Rex desapareceu en 1978 sen publicar ningún disco máis.