María de Buenos Aires

María de Buenos Aires é un espectáculo teatral estreado en 1968 en Buenos Aires, o primeiro no xénero de ópera-tango ("operita"). O libreto é de Horacio Ferrer e a música de Astor Piazzolla.[1]

María de Buenos Aires
ActosÓpera en dos partes
Baseado enn/d
Publicación
Ano de publicaciónséculo XX
Editorialn/d
Música
CompositorAstor Piazzolla
Posta en escena
Data de estrea8 de maio de 1968
Corosen coro
LibretistaHoracio Ferrer
Duración1 1/2 horas
editar datos en Wikidata ]

SinopseEditar

A mal presaxiada María, nacida "un día cando Deus estaba bébedo" nun pobre suburbio de Buenos Aires, diríxese ao centro, onde é seducida pola música do tango e convértese en traballadora do sexo. Os ladróns e os encargados do prostíbulos reunidos nunha misa negra, resolven a súa morte. Despois da súa morte, é condenada a un inferno, que é a propia cidade; a súa Sombra anda agora pola cidade. Regresou virxe, está impregnada da palabra do poeta trasno e, testemuñada por tres traballadores da construción (Reis Magos e As mulleres que amasan pasta, dá a luz a unha Nena María, que pode ser ela mesma.[2]

EstiloEditar

María de Buenos Aires é unha ópera en dúas partes, con 8 cancións cada unha. A obra ten unha forte presenza surrealista, aínda que o fío condutor sempre segue a vida e morte de María en Buenos Aires. Abundan estereotipos e típicos personaxes porteños, así como escenas cotiás dos baixos fondos da capital arxentina.

Os personaxes inclúen a María (e, despois da súa morte, a sombra de María), un poeta narrador que tamén é un elfo, varios monicreques baixo o seu control e un circo de psicanalistas.

MúsicaEditar

Primeira parteEditar

  • Alevare
  • Tema de María
  • Balada Renga para un Organito Loco
  • Yo soy María†
  • Milonga Carrieguera por María la Niña
  • Fuga y Misterio
  • Fábula de la Rosa en el Asfalto
  • Poema Valseado Para flauta, cello y voz de mujer
  • Esquerzo Yumba de las tres de la mañana
  • Tocata Rea para Bandoneón, Recitante y Percusión

Segunda parteEditar

  • Miserere Canyengue de los Ladrones Antiguos en las alcantarillas
  • Contramilonga a la funerala por la primera muerte de María
  • Tangata Robada del Alba
  • Carta de la Sombra María a los Árboles y las Chimeneas de su barrio
  • Aria de los Analistas
  • Romanza del Duende Poeta y Curda
  • Andante a la Sordina para mi Buenos Aires tan querido (Allegro Tangabile)
  • Milonguita de la Anunciación
  • Pequeña Misa Zurda con Bandoneón y Tangus Dei
† Este cadro non formou parte da posta en escena orixinal.
* Estes dous cadros non se incluíron na primeira gravación, motivo polo cal só se incluíron na posta de escena orixinal.

RecepciónEditar

A presentación orixinal supuxo o descubrimento de Amelita Baltar por parte de Piazzolla. Os tres, conformarían un trío que editou varios discos. María de Buenos Aires foi representada unha gran cantidade de veces ao redor do mundo, por distintos actores e recibindo excelentes críticas. En 2003, Laura Piazzolla, presidenta da Fundación Astor Piazzolla, reuniu a diversas figuras do tango contemporáneo e reestreou a obra en Arxentina.

Esta ópera represéntase pouco; nas estatísticas de OperabaseArquivado 14 de maio de 2017 en Wayback Machine. aparece a n.º 189 das óperas representadas en 2005-2010, sendo a 1.ª en Arxentina e a primeira de Piazzola, con 15 representacións no período.

NotasEditar

  1. "María de Buenos Aires" (en español). piazzolla.org. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 11 de maio de 2015. 
  2. Seattle Chamber Players (SCP), "María de Buenos Aires", programa de actuación, 2005

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar