María Seoane Toimil

psicóloga galega desaparecida na Arxentina

María Seoane Toimil, nada en Oleiros (Silleda) o 14 de decembro de 1952, foi unha psicóloga galega desaparecida da ditadura arxentina.

Infotaula de personaMaría Seoane Toimil
Biografía
Nacemento14 de decembro de 1952 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Oleiros, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña
Arxentina Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpsicóloga Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Filla de Manuel Seoane Tallón e Victorina Toimil Dobarro, emigrou a Arxentina coa familia en 1957. Estudou no Colexio das Hermanas Canossianas en Berisso. Fixo a carreira de Psicoloxía na Universidade Nacional de La Plata. Traballaba na empresa Petroquímica General Mosconi. Militante de JP Montoneros. Foi secuestrada no domicilio dos seus pais en Berisso (La Plata) por un grupo de persoas vestidas de paisano o 12 de maio de 1977. Foi internada no campo de concentración de La Cacha. A CIG localizou a excompañeiros de cativerio que relataron a súa vida e a doutros dous galegos no campo en 1999.[1] O equipo xurídico da CIG pediu ao xuíz Baltasar Garzón que dictara auto de procesamiento e busca internacional contra 25 militares arxentinos aos que imputaba a desaparición de 76 persoas, entre as que figuraban os galegos María Seoane Toimil e José Monteagudo Ferreiro.[2]

Notas editar

  1. "La CIG entrega a Garzón un dossier sobre 30 gallegos desaparecidos en Argentina", La Voz de Galicia, 12-11-1999, p. 24.
  2. La Voz de Galicia, 13-11-1999, p. 18.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar