María Romero
Ángela María Romero Banet, nada na Coruña en 1929 e finada en Madrid o 4 de febreiro de 2015[1], foi unha actriz de dobraxe galega.
María Romero | |
---|---|
Nome completo | Ángela María Romero Banet |
Nacemento | 21 de marzo de 1929 |
Lugar | A Coruña |
Falecemento | 4 de febreiro de 2015 |
Lugar | Madrid |
Nacionalidade | España |
Profesión | actriz |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Comezou a traballar aínda sendo unha moza, en 1935, como actriz e locutora de Radio Nacional de España, e logo pasou a Radio Madrid. A partir de 1955 comezou a traballar como actriz de dobraxe de películas de cinema, e máis tarde a series de televisión.
Tamén facía recitais de poesía e montou unha escola de dobraxe en Santiago de Compostela.
Foi a dobradora no cinema de Silvana Mangano, Sophia Loren, Joan Crawford, Rita Hayworth, Jessica Tandy ou Kathy Bates. Tamén traballou como dobradora de filmes de animación, como O bosque animado (2001), La leyenda del viento norte (1992) ou El pequeño vagabundo (1983). Na televisión dobrou a Yootha Joyce, a actriz que facía o personaxe de Mildred Roper en George e Mildred, tanto na versión en galego coma na dobraxe ao castelán.
NotasEditar
Véxase taménEditar
Outras ligazónsEditar
- María Romero na IMDb (en inglés).