George e Mildred
George e Mildred foi unha comedia de situación británica producida por Thames Television que se emitiu entre 1976 e 1979, foi unha secuela de Man About the House e protagonizábana Brian Murphy e Yootha Joyce como o matrimonio, George e Mildred Roper. En Galicia a Televisión de Galicia emitiuna en 1988, con Tuto Vázquez e María Romero interpretando aos protagonistas.
George and Mildred | |
---|---|
Formato | Comedia de situación |
Creado por | Johnnie Mortimer Brian Cooke |
Intérpretes | Brian Murphy Yootha Joyce Norman Eshley Sheila Fearn |
País de orixe | Reino Unido |
Lingua(s) | Inglés |
Episodios | 38 |
Produción | |
Duración | 30 minutos |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | ITV |
Primeiro episodio | 6 de setembro de 1976 |
Derradeiro episodio | 25 de decembro de 1979 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Desenvolvemento
editarA premisa da serie era que os protagonistas deixaban o seu vello apartamento que aparecía en Man About the House, mudándose e unha casa moderna nunha zona selecta, a súa chegada aterra ao seu veciño Jeffrey Forumile, un snob axente da propiedade inmobiliaria que pensa que a súa presenza depreciará o valor da súa casa.
Brian Cooke e Johnnie Mortimer foron os guionistas da serie e dela fíxose un filme, dedicado á actriz protagonista Yootha Joyce morta en 1980, tamén se fixo unha adaptación teatral en 1977, e nos Estados Unidos tamén se fixo a súa propia versión da serie, The Ropers (1979-1980), continuación esta de Three's Company.