María Novas

arquitecta galega

María Novas Ferradás, nada en 1987 en Bueu, é unha arquitecta galega.[1][2][3]

María Novas
Nacemento1987
Lugar de nacementoBueu
Ocupaciónarquitecta
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Estudou Arquitectura na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña. Posteriormente realizou o máster en Investigación Aplicada en Estudios Feministas (UJI) e o máster en Renovación Urbana e Rehabilitación da Universidade de Santiago de Compostela.

En 2012 xunto a Sofía Paleo creou o blog Dexeneroconstrución co obxectivo de achegar a perspectiva de xénero á arquitectura.

Dende hai catro anos[cando?] traballa como docente e investigadora invitada na Universidade Técnica de Delft e na Academia das Artes de Tilburg nos Países Baixos,[1] ademais de realizar o seu doutoramento na Universidade de Sevilla.[2]

ObraEditar

  • Novas Ferradás, María. (2021). Arquitectura y género : una introducción posible. Santa Cruz de Tenerife: Melusina. ISBN 978-84-18403-37-8

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar