Elisa Garrido Cantarero

avogada e política galega e madrileña
(Redirección desde «María Elisa Garrido Cantarero»)

María Elisa Garrido Cantarero, nada en Madrid en 1957[1], é unha avogada e política galega e madrileña do PSdeG-PSOE.

Infotaula de personaElisa Garrido Cantarero
Biografía
Nacemento(es) María Elisa Garrido Cantarero Editar o valor em Wikidata
1957 Editar o valor em Wikidata (66/67 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Alcaldesa de Valdoviño
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogada , política Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido dos Socialistas de Galicia Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Avogada. En 1984 estableceuse coa súa familia en Valdoviño[2], onde chegou a ser presidenta da APA. Nas eleccións municipais de 1995 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE en Valdoviño e foi elixida alcaldesa co apoio de Independentes por Valdoviño e o BNG, gobernando en coalición cos independentes e dende febreiro de 1997 tamén co BNG.[3] Durante este mandato logrou un notable investimento no municipio duns 2 mil millóns de pesetas,[4] ademais de promocionalo turismo e a consolidación de eventos coma o Pantín Classic. Porén, e pese á insistencia de veciños e do seu propio partido, optou por non presentarse á reelección nas eleccións municipais de 1999 e retirarse da primeira liña política. Dende entón pasou a centrarse na súa profesión de avogada e concorreu en postos honoríficos nas sucesivas candidaturas socialistas de Valdoviño.


Predecesor:
Delfín Fidalgo Fernández
  
Alcaldesa de Valdoviño
 
1995 - 1999
Sucesor:
José Antonio Rodríguez Fernández

Vida persoal editar

Casou co pediatra de orixe libanesa Kamel Saadeddine, co cal tivo 3 fillos. En 1984 a familia decidiu trasladar a súa residencia a Valdoviño debido ó seu gusto pola zona[5].

Notas editar

  1. Entrevista en La Voz de Galicia, 30-6-1995, p.27.
  2. Entrevista en La Voz de Galicia, 30-6-1995, p.27.
  3. La Voz de Galicia, Ferrol, 14-2-1997, p.49.
  4. La Voz de Galicia, Ferrol, 16-3-1999, p.48.
  5. Entrevista en La Voz de Galicia, 30-6-1995, p.27.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar