María Bores

futbolista española

María Bores Vázquez, nada en Madrid o 17 de novembro de 1997, é unha futbolista profesional que na actualidade xoga no Sevilla Fútbol Club de Primeira División Feminina de España (Liga Iberdrola) tanto de lateral dereita como esquerda.

María Bores
Información persoal
Nacemento 17 de novembro de 1997
Lugar de nacemento Madrid
Altura 1.62 metros
Posición defensa
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

María Bores iniciou os seus pasos como futbolista no equipo do colexio con 6 anos de idade. Con 9 anos federouse co equipo Canillas Fútbol Club e despois proseguiu a súa carreira no Club Valdetorres.

Debido a que as normas estipuladas neste deporte permiten que as nenas xoguen ata unha determinada idade, o Madrid Club de Fútbol Feminino fichouna para o seu equipo.

O seu debut chegou co primeiro equipo do Atlético de Madrid, onde se estreou contra a Real Sociedade. Co Atlético de Madrid tamén xogou a Copa da Reina, a cal gañaron por primeira vez na historia.

Primeira División editar

Ó ano seguinte do debut co Atlético de Madrid e xa sendo xogadora profesional neste equipo conseguiron algo histórico para o club como é a conquista da Liga Iberdrola, algo que sucedeu por primeira vez na historia do club.

Na temporada 2017-2018 ficha no Sevilla Fútbol Club, un equipo que ascendeu[cando?] nos últimos anos a Primeira División Feminina. María Bores consolidouse neste equipo xa que é o seu segundo ano; na actualidade[cando?] xoga co número 14 no lateral dereito ou esquerda.

Selección Madrileña editar

Foi convocada pola selección madrileña sub-16 e sub-18 para disputar os campionatos de España onde conseguiu ser campioa de España dúas veces.

Selección Española editar

Cando xogaba no Atlético de Madrid foi convocada pola Selección Española para disputar o Europeo sub-19 onde quedaron subcampioas e tamén o mundial sub-20 onde quedaron eliminadas en cuartos ante Corea do Norte.

Táboa editar

TEMPADA EQUIPO CATEGORÍA LOGROS IDADE
2013-2014 Madrid CFF 2º División Feminina 15 anos
2014-2015 Madrid CFF 2ª División Feminina 16 anos
2015-2016 Atlético de Madrid B 2ª División Feminina 17 anos
2016-2017 Atlético de Madrid 1ª División Feminina Copa da Reina e Liga 18 anos
2017-2018 Sevilla Fútbol Club 1ª División Feminina 19 anos
2018-2019 Sevilla Fútbol Club 1ª División Feminina 20 anos

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar