O Mapalé é unha danza de parellas que bailan con movementos frenéticos e eróticos. O baile baséase en saltos, caídas, persecucións e enfrontamentos entre a muller e o home. Mapalé é tamén o nome dun peixe e a lenda conta que os pescadores bailaban esta danza para celebrar a boa pesca e cos seus movementos estaban representando o movemento do peixe fóra da auga.

Mapalé a Cartaxena de Indias

Orixe do Mapalé editar

É unha danza típica que se baila en Colombia. Foi levada hai máis de catrocentos anos a Cartaxena de Indias polos escravos de Guinea.

Naceu como canto de pescadores de Mapalé ou Chigua, nas ribeiras do Río Magdalena. Obtivo o seu nome dese peixe famoso polo seu aceite, denominación que tamén se aplica ao tambor de forma cilíndrica que marca o compás.

Mapalé é unha danza de orixe africana que se baila na costa atlántica e nas ribeiras do río Magdalena, de ritmo rápido, con palmas constantes dos participantes e de marcada tendencia lúdica.

Motivo da denominación editar

  • É unha palabra sinxela e sonora, suxestiva e que produce curiosidade.
  • A danza ten unha forza incríbel e representa dalgunha maneira un estremecemento interno por un cambio, un desexo de querer expresar sentimentos, sensacións, experiencias e moito máis.
  • Aí é onde Mapalé representa a todos aqueles que a través das artes expresan a súa forza interior.
  • A danza mapalé forma parte do patrimonio ancestral dun país latinoamericano, pero á vez é descoñecida para a gran maioría.
  • Ademais a súa mesma historia é o reflexo de como a cultura e as tradicións non morren senón que continúan e se enriquecen cando transmigran.

O ritmo editar

É un dos ritmos máis primitivos do folclore atlántico, e no cal se reproducen con notábel fidelidade moitos aspectos dos bailes africanos.

É un ritmo rápido que se baila e canta con grande axitación, logrando unha aceleración constante e case frenética do corpo. Este baile sempre tivo unha carga sexual compaxinada con movementos pélvicos e incluso con contorsións.

Instrumentos editar

Só son precisos dous tambores: "o chamador" e o "tambor maior ou macho" son suficientes para acompañar esta danza. Actualmente, incorpóranse a "tambora" e o guache.