Manuela Beltrán de Quesada, nada en El Socorro, Provincia de Tunja actual Santander, Vicerreinado de Nova Granada actual Colombia, o 13 de marzo de 1724 e finada en data descoñecida, foi unha revolucionaria nada no Vicerreinado de Nova Granada, cuxa protesta contra un aumento desmedido de impostos foi unha causa para o estalido da revolta dos Comuneros de 1781.[1]

Infotaula de personaManuela Beltrán

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1750 Editar o valor em Wikidata
Colombia Editar o valor em Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeColombia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónrevolucionario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Esta heroína tamén foi chamada como "Heraldo Feminino da Liberdade".[2]

Traxectoria editar

Sobre a vida de Manuela Beltrán sábese pouco xa que só hai indicios de que naceu o 13 de marzo de 1724 en El Socorro (Santander,Colombia), pertencía a unha modesta familia, descendente de españois que manufacturaban tabacos. Era "unha muller do pobo", mais coa diferenza que sabía ler o suficiente para coñecer o texto do edicto sobre os novos tributos notificados polo Visitador-Rexente Juan Francisco Gutiérrez de Piñeres, quen substituía e representaba ao vicerrei nas funcións da Real Facenda dentro do vicerreinado.

En Nova Granada, onde non se alcanzou a implantar o sistema de Intendencias, optouse polo de Visitador-Rexente; correspondeulle a Juan Gutiérrez de Piñeres ser o primeiro para Nova Granada. Este foi nomeado pola Audiencia Visitador Xeral, e chegou a Santa Fe de Bogotá en xaneiro de 1778, portando plenos poderes de Carlos III para a reorganización da Real Facenda. O entón vicerrei, Manuel Antonio Flórez, que se trasladou a Cartaxena de Indias para atender a guerra recentemente declarada contra Inglaterra, delegou todos os poderes na Audiencia e en especial no seu rexente. Entre as medidas fiscais introducidas pola Audiencia estaba o cobro dunha longa serie de impostos que por diferentes motivos non se pagaban, entre eles o de Armada de Barlovento, cuxo cobro decidiuse efectuar separado da Alcabala. O imposto de Barlovento, como a Alcabala, era un gravame que recaía sobre as vendas e que por tanto afectaba os consumos de todas as clases sociais. A zona onde se empezaron a manifestar con maior virulencia as protestas populares foi El Socorro, unha das máis prósperas do vicerreinado, mais á vez unha das que foran afectadas pola prohibición da sementeira de tabaco e polos problemas derivados da tenencia da terra.

Manuela Beltrán, o 16 de marzo de 1781, con 57 anos, recolle a indignación do pobo sobre este feito, e ao berro de "Viva o Rei e morra o mal goberno", chegou á fronte das masas á porta da alcaldía, arrincou e simulou limparse o cu co papel, lanzou ao vento o edicto do Concello de El Socorro[3] no cal se fixaba e se anunciaba a alza dos impostos de Armada e Barlovento. Nese momento liderou un motín contra os impostos mercantís estabelecidos polo visitador-rexente Gutiérrez de Piñeres, no que máis de dous mil manifestantes que acudiran á praza do mercado apiñáronse fronte á residencia do alcalde e todo iso desembocou na revolta dos comuneros. Ese xesto foi a faísca que acendeu a rebelión que mantería en xaque o goberno do vicerreinado.[4]

A insurrección estendeuse como a pólvora por todo o nororiente do Vicerreinado, pasando logo ao centro e occidente deste. O pobo, que berraba "Viva o rei e abaixo o mal goberno!", escolleu como xeneral a Juan Francisco de Berbe, que xunto a Salvador Plata, Antonio Monsalve e Francisco Rosillo constituíu unha Xunta revolucionaria chamada do Común, de onde se derivou o apelativo de revolta ou insurrección comuneira.[5] O precursor Francisco de Miranda, que desde Europa seguiu moi de cerca este levantamento popular, mencionou a Manuela Beltrán como a velliña que iniciou tan soada rebelión. Esta actitude de rebeldía estendeuse por territorio neogranadino desde Mérida, Venezuela, até Pasto, Colombia, creándose unha conciencia no pobo contra o goberno colonial da época. Moitos coinciden en sinalar o movemento comuneiro como un antecedente da loita pola independencia.

Morte editar

Crese que morreu sendo fusilada polas tropas realistas. Foi resucitada pola historiografía do século XX como símbolo do nacionalismo pre-revolucionario e considerada a primeira heroína da loita emancipadora e a independencia.

Homenaxes editar

  • Universidade Manuela Beltrán
  • Interpretacións artísticas na súa vila natal: Socorro (Santander).[6]
  • O 21 de novembro de 1981 circulou un selo en homenaxe a Manuela Beltrán, coa pintura de Ignacio Castillo Cervantes, conmemorando o bicentenario da Insurrección dos Comuneros.[7]
  • Varios barrios, institucións educativas entre outras levan o seu nome en toda Colombia/Nova Granada

Notas editar

  1. "La revuelta Comunera Colombia (1871)" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2021. Consultado o 2021-03-09. 
  2. Ávila, Carol (2020-03-08). "15 Mujeres mártires de la causa independentista" (en castelán). Consultado o 2021-03-09. 
  3. Tiempo, Casa Editorial El (1996-03-27). "MANUELA BELTRÁN Y LA REVOLUCIÓN DE LOS COMUNEROS" (en español). Consultado o 2021-03-09. 
  4. Semana (2005-12-03). "Manuela Beltrán" (en español). Consultado o 2021-03-09. 
  5. "¿Quiénes fueron los comuneros? Le contamos todo" (en castelán). 2020-12-20. Consultado o 2021-03-09. 
  6. Bayona, Jhoan Calderón. "La Manuela Beltrán que aún grita en Santander" (en castelán). Consultado o 8 de xaneiro de 2020. 
  7. "Manuela Beltrán - Banrepcultural". Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2021. Consultado o 21 de xuño de 2021. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Aguilera Peña, Mario: "Los comuneros: guerra social y lucha anticolonial". Bogotá, Universidad Nacional de Colombia.
  • Arciniegas, Germán: "20 000 comuneros hacia Santa Fe". Bogotá: Pluma.
  • Freide, Juan: "Rebelión comunera. Documentos". Bogotá: Colcultura.
  • Gutiérrez, José Fulgencio: "Galán y los comuneros". Bucaramanga: Imprenta Departamental.
  • Phelan, John Leddy: "El pueblo y el rey. La revolución comunera en Colombia, 1781". Bogotá: Carlos Valencia.
  • Castellanos Tapias, Luis: "El Alzamiento". Bogotá: Edicrón-Guadalupe. Novela acerca da insurrección dos comuneiros no Vicerreinado de Nova Granada.