Manuel del Río Vázquez
sindicalista e político galego
Manuel del Río Vázquez, nado en Santiago de Compostela cara a 1900 e finado en Vigo o 6 de agosto de 1936, foi un sindicalista e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1900 Santiago de Compostela, España |
Morte | 6 de agosto de 1936 (35/36 anos) Vigo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista , político |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Tranviario e sindicalista vigués, na República foi directivo do Sindicato Tranviario de Vigo y sus Contornos,[1] e en 1936 era presidente do sindicato. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Vigo por rebelión militar, sendo defendido por José Queizán Hermida, foi condenado a pena de morte en consello de guerra o 3 de agosto.[2] Foi executado no Castelo de S. Sebastián de Vigo.
Notas editar
- ↑ El Pueblo Gallego, 15-11-1932, p. 8.
- ↑ El Diario de Pontevedra, 7-8-1936, p. 2.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Manuel del Río Vázquez na páxina web Nomes e Voces.