Manuel Torres Agrelo

agrarista e político galego

Manuel Torres Agrelo, nado na Estrada, foi un agrarista e político galego.

Manuel Torres Agrelo
Nacementoséculo XIX
Lugar de nacementoA Estrada
Falecementoséculo XX
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Fillo de André Torres González (de Callobre) e Manuela Agrelo Porto. Emigrou a Nova York e retornou definitivamente a principios do século XX, instalándose na Estrada, desfrutando dunha posición económica desafogada. Construíu un serradoiro en Callobre. Próximo a Antón Losada Diéguez e presidente da Asociación Agrícola de Pardemarín, foi un dos líderes do momento inicial do movemento agrarista da Estrada. Presentouse ás eleccións municipais en 1907 resultando elixido. Presidiu a Federación de Sindicatos Agrícolas Estradenses constituída en decembro de 1908. Foi membro da Irmandade Nazonalista Galega.

Colaborou en El Emigrado. Durante a ditadura de Primo de Rivera foi o líder da Unión Patriótica da Estrada e deputado provincial. Ao final da ditadura participou en actos de propaganda republicana.

Vida persoal Editar

Casou con Dora Emmons Plat que faleceu en Nova York en 1903 e coa que tivo unha filla, Manuela Torres Emmons, nada en Nova York o 23 de agosto de 1895. Casou en segundas nupcias en Santiago de Compostela con Felisa Pena Recarei o 10 de outubro de 1904.[1]

Notas Editar

Véxase tamén Editar

Bibliografía Editar