Manuel Santos Estévez
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2019.) |
Manuel Santos Estévez, nado en Vigo o 13 de xullo de 1968, é un arqueólogo galego, especialista en arte rupestre.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de xullo de 1968 (56 anos) Vigo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | arqueólogo |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarEn 2004 obtivo o doutoramento en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Dende 1995 é investigador do Laboratorio de Arqueoloxía do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e entre 2009 e 2012 traballou no Instituto de Historia do CSIC en Madrid. Posteriormente, entre 2014 e 2020 foi investigador Post doutoral na Universidade do Minho (Portugal) e dende 2022 forma parte do Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT - CSIC) en Santiago de Compostela.
Entre os seus traballos máis destacados está a dirección dos traballos arqueolóxicos en Campo Lameiro, onde se levaron a cabo, prospeccións arqueolóxicas, documentación e escavacións no contorno de gravados rupestres.
As súas investigacións e publicación versan, fundamentalmente, en torno á arte rupestre, escultura da Idade do Ferro e sobre santuarios protohistóricos.
Obra
editar- Santuarios de la Galicia Céltica (Abada, 2008|; con M. García Quintela)
- Petroglifos y paisaje social en la prehistoria reciente del noroeste de la Península Ibérica (Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento - CSIC, 2008)
- Búrbida. As orixes de Vigo (Toxosoutos, 2020)
- O Santuario de Laxe dos Bolos. Cando o Sol Alumea a Vella Montaña. (Concello de Caldas de Reis 2023, con Elena Cabrejas Domínguez)