Manuel Rojo Moreira

avogado e político galego

Manuel Rojo Moreira, finado en Palas de Rei o 19 de xuño de 1938, foi un avogado e político galego.

Infotaula de personaManuel Rojo Moreira
Biografía
Morte19 de xuño de 1938 Editar o valor em Wikidata
Palas de Rei, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Palas de Rei
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , político Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Antonio Rojo García e Manuela Moreira Suárez. Avogado en Palas de Rei. Foi xuíz municipal de Palas de Rei de 1924 a 1930.[1] Foi presidente da Sociedad de Agricultores, Oficios y Profesiones de Palas de Rei.[2] Nos anos finais da República militou no Bloque Nacional.[3] Logo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado presidente da xestora municipal de Palas de Rei. Logo da renovación da xestora, foi elixido alcalde de Palas de Rei o 7 de xuño de 1937.[4] Morreu a consecuencia do golpe dun cabalo que fuxía dunha casa incendiada o 19 de xuño de 1938.[5][6][7]

Vida persoal editar

Casou con Matilde Lagares Guntín e foi pai de Eugenia, José, Pablo e María Teresa Rojo Lagares.

Notas editar

  1. La Voz de Galicia, 29-12-1927, p. 5.
  2. Galicia, 18-3-1931, p. 7.
  3. Galicia, 22-3-1935, p. 7.
  4. BOP Lugo, 27-8-1937, p. 2.
  5. Necrolóxica en Hoja Oficial del Lunes, 20-6-1938, p. 3.
  6. El Compostelano, 2-7-1938, p. 2.
  7. El Pueblo Gallego, 6-7-1938, p. 3.
Predecesor:
Manuel Vázquez Ouro
 
Alcalde de Palas de Rei

1936 - 1938
Sucesor:
Alejo Vázquez Viña