Manuel Rodríguez Saa

ilusionista galego

Manuel Rodríguez Saa, coñecido como Dr. Saa e Conde de Waldemar, nado en Bagude (Portomarín) en 1885 e finado no mesmo concello o 5 de novembro de 1984, foi un ilusionista galego.

Modelo:BiografíaManuel Rodríguez Saa
Biografía
Nacemento1885 Editar o valor en Wikidata
Bagude, España Editar o valor en Wikidata
Morte5 de novembro de 1984 Editar o valor en Wikidata (98/99 anos)
Portomarín, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónilusionista Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Emigrou a Madrid, onde malviviu como camareiro. Trasladouse a París e aprendeu os seus trucos nos clubs e cabarés de Montparnasse. Marchou a Buenos Aires e debutou nun casino de Maipú, (Mendoza). Alí comezou a súa carreira de éxito, primeiro en Europa, durante a guerra, e a partir da súa actuación na Habana en 1921, por todo o continente americano. Regresou a Galicia e o 15 de xaneiro de 1925 conseguiu debutar en España, no Teatro Novedades de Barcelona. Foi contratado por Primo de Rivera para entreter ás tropas que combatían en Marrocos.

Instalouse en Manila onde viviu comodamente logo do seu matrimonio coa aristócrata Teodora Salgado ata 1944. Ao morrer a esposa, os herdeiros obrigárono a fuxir. A finais dos anos sesenta decidiu volver a Galicia.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Díaz Díaz, Xosé; Fernández Guzmán, Belén (2012). O misterioso Dr. Saa. Vigo: Xerais. ISBN 978-84-9914-348-4. 

Ligazóns externas

editar