Manuel Rodríguez Castelao
Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 6 de setembro de 1905 e finado en Vigo o 23 de abril de 1937, foi un mestre e político galego.
Manuel Rodríguez Castelao | |
---|---|
Nacemento | 6 de setembro de 1905 |
Rianxo | |
Falecemento | 23 de abril de 1937 |
Vigo | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | mestre e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fillo de Manuel Rodríguez Ínsua e Pilar Castelao Genme. Era medio irmán de José Losada Castelao. Estudou no Colexio León XIII de Vilagarcía. Mestre, aprobou as oposicións en 1933 e foi destinado á escola de Fincheira e despois na do Pazo. Afeccionado ao teatro e pintor. Foi elixido concelleiro de Rianxo nas eleccións de maio de 1931, cargo do que dimitiu en outubro de 1934. Foi un dos fundadores do Partido Galeguista de Rianxo en 1933 e foi conselleiro da zona. Foi detido con motivo da folga xeral revolucionaria de 1934. En marzo de 1936 foi o delegado do gobernador civil encargado de suspender á corporación de Rianxo e nomear unha nova. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936, fuxiu e tentou escapar no bou Eva pero foron delatados e os falanxistas asaltaron o barco. Manuel e os seus oito compañeiros decidiron suicidarse antes de caer en mans dos falanxistas.