Manuel Rivas Seivane
Manuel Rivas Seivane foi un xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Morte | século XX ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista ![]() |
Traxectoria
editarFoi correspondente de El Progreso en Mondoñedo (1921-1922),[1] onde publicou o relato "Equivocación fatal".[2] Colaborou en Justicia e por un artigo publicado nese periódico foi condenado pola Audiencia de Lugo o 7 de novembro de 1924 por inxurias a Manuel Díaz Leivas e ao sacerdote José María Agrelo, en causa que chegou ao Tribunal Supremo.[3] Foi funcionario municipal do Concello de Mondoñedo. Foi candidato nas eleccións municipais do 12 de abril de 1931.[4] Na República dirixiu El Boletín Socialista de Mondoñedo. Tamén colaborou en Faro Villalbés, onde publicou unha serie de artigos baixo o título "El Derecho y la Democracia", e El Momento de Viveiro, usando o pseudónimo Juan del Pueblo. Presentouse ás oposicións para secretarios de xulgados municipais en 1931,[5] e ás oposicións para secretarios de concellos en 1935.[6] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 exiliouse en Cuba.
Notas
editar- ↑ El Progreso, 9-11-1921, p. 1.
- ↑ El Progreso, 20-6-1922, p. 1.
- ↑ El Heraldo Gallego, 20-12-1925, p. 6.
- ↑ El Pueblo Gallego, 28-7-1932, p. 9.
- ↑ La Voz de Galicia, 5-5-1931, p. 7.
- ↑ BOE, 6-2-1935, p. 1.102-1.131.