Manuel Rivas Caridad

enxeñeiro químico, político e empresario galego

Manuel Rivas Caridad, nado en Cambre en 1952 é un enxeñeiro químico, político e empresario galego.[1]

Infotaula de personaManuel Rivas Caridad

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1952 Editar o valor em Wikidata (71/72 anos)
Cambre, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Cambre
14 de xuño de 2011 – 13 de xuño de 2015 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Cambre Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , enxeñeiro químico , empresario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou Enxeñaría química, traballou durante 3 anos e despois fundou a súa propia empresa, Coruñesa de Composites. Tamén foi elixido presidente da Asociación de Empresarios de Sabón, en cuxo polígono industrial está situada a súa empresa.[1].

Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Cambre e foi elixido alcalde por maioría simple, tras non chegar a un acordo os demais grupos de esquerdas. Gobernou en minoría en coalición co único concelleiro do Partido Galeguista Demócrata. En marzo de 2013 perdeu unha moción de confianza, polo que os grupos progresistas negociaron unha moción de censura. Porén nesta ocasión tampouco chegaron a un acordo, polo que puido seguir gobernando o resto do mandato. Nas municipais de 2015 perdeu e alcaldía tras perder un concelleiro, sendo aínda así o máis votado, e chegar nesta ocasión os grupos de esquerdas (Unión por Cambre, PSdeG e BNG), polo que foi substituído polo independente Óscar García Patiño.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar