Manuel Resumil Aragunde

avogado, xornalista e escritor galego

Manuel Resumil Aragunde, nado en Cornazo (Vilagarcía de Arousa) en 1905, foi un avogado, xornalista e escritor galego.

Manuel Resumil Aragunde
Nacemento1905
Lugar de nacementoCornazo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor, avogado e xornalista
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Emigrou á República Dominicana en 1922. Licenciouse en Dereito. Colaborou en Galicia Nueva. Secretario de Falange Española na República Dominicana durante a guerra civil española, colaborou no semanario Amanecer, editado polos falanxistas en Ciudad Trujillo en 1938. Nacionalizado dominicano, foi amigo e colaborador de Rafael Leónidas Trujillo, foi presidente da Cámara Oficial de Comercio, Agricultura e Industria do distrito de Ciudad Trujillo (1940-1954), representante da República Dominicana en distintos Comités da ONU e Secretario de Estado de Industria, Comercio e Banca (1955-1956).

Obras editar

  • Alejandro el Grande. Comedia en tres actos, 1925.
  • El Estado como agente activo de la industrialización de la República Dominicana, 1959.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar