Manuel Porto Mella

sindicalista galego

Manuel Porto Mella, nado en Santiago de Compostela cara a 1916, foi un sindicalista galego.

Infotaula de personaManuel Porto Mella

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1916 Editar o valor em Wikidata (107/108 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Almacenista e conserxe do Sindicato de dependentes e oficinistas de Santiago de Compostela. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e ingresou na prisión de Compostela. Trasladado á prisión de Ordes, foi posto en liberdade. Agochouse ata que foi mobilizado. Loitou na batalla do Ebro e despois foi enviado a Córdoba e pasouse ao exército republicano en Peñarroya. Conseguiu o grao de capitán. Coa derrota republicana, pasou a Francia, onde quedou a vivir, paticipando nas actividades do PSOE e da UGT en Clermont-Ferrand (Puy-de-Dôme).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Lamela García, Luis (2005). 1936, la 'Cruzada' en Compostela. La guerra civil y la represión franquista en los documentos policiales y militares. Sada: Do Castro. p. 64. ISBN 84-8485-186-9. 

Ligazóns externas editar