Manuel María García Castro
agrarista, xornalista e escritor galego
Manuel María García Castro, nado na Órrea (Riotorto) en 1873 e finado no mesmo concello en 1949, foi un agrarista, escritor e xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1873 A Órrea, España |
Morte | 1949 (75/76 anos) A Órrea, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Familia | |
Fillos | Avelino Díaz |
Traxectoria
editarEstudou no Seminario de Mondoñedo. Labrego propietario. Foi redactor e colaborador do periódico El Agricultor onde escribiu versos en galego e castelán utilizando os seudónimos Feliciano e Xan Paga. Foi concelleiro de Riotorto dende 1912. Foi Xuíz municipal suplente de Riotorto (1916-1919). Foi de novo concelleiro e 2º Tenente alcalde en 1923.
Das súas relacións con Antonia Díaz Díaz naceu Avelino Díaz, aínda que non recoñeceu ao neno. Casou en 1912 con Dominica Carballeira Ramallal. Viúvo, casou en segundas nupcias con María Rivas López.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Fernández Salgado, Benigno (2007). Sociedade Anónima Xestión do Plan Xacobeo, ed. “El Agricultor: agrarismo solidario e rexionalismo lingüístico” en El Agricultor. Edición Facsimilar. Santiago de Compostela. pp. 7–166.