Abrir o menú principal

Hermidita

futbolista español
(Redirixido desde "Manuel Hermida Losada")

Manuel Hermida Losada, máis coñecido como Hermidita, nado en Gondomar o 27 de novembro de 1924 e finado en Vigo o 17 de setembro de 2005, foi un futbolista galego das décadas de 1940 e 1950, que xogaba de dianteiro. O seu alcume naceu para distinguilo dos seus tíos e tamén xogadores do Celta, Pepe Hermida e Ángel Hermida.

Hermidita
Nome completoManuel Hermida Losada
AlcumeHermidita
Nacemento27 de novembro de 1924
 Gondomar
Falecemento17 de setembro de 2005
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónfutbolista
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Comezou a xogar no Peñasco e no Berbés, onde adestrou ás ordes de Gustavo López Corona. Con 19 anos, debutou no Real Club Celta, onde xogou durante 12 anos, disputando un total de 170 partidos nos que marcou un total de 113 goles, feito que o converte no máximo goleador do Celta en toda a súa historia. Anotou 107 goles na primeira división española, sendo un dos máximos goleadores históricos desta categoría. Amais, marcou tres goles en segunda división e outros tantos en partidos de Promoción.

En 1956 fichou polo Córdoba CF, onde xogou dúas tempadas.

Véxase taménEditar