Manuel Font i Altaba

político español

Manuel Font i Altaba, nado en Barcelona o 4 de febreiro de 1922 e finado en Barcelona o 30 de abril de 2005, foi un político español e alcalde en funcións de Barcelona entre xaneiro e abril de 1979.

Modelo:BiografíaManuel Font i Altaba
Biografía
Nacemento1922 Editar o valor en Wikidata
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Morte2005 Editar o valor en Wikidata (82/83 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
112º Alcalde de Barcelona
6 de xaneiro de 1979 – 19 de abril de 1979
← Josep Maria SocíasNarcís Serra →
Deputado provincial de Barcelona
1 de abril de 1974 – 26 de abril de 1979 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Barcelona Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, profesor universitario, científico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorConsello Superior de Investigacións Científicas
Universidade de Barcelona Editar o valor en Wikidata
Membro de

BNE: XX878295 Dialnet: 228324

Traxectoria

editar

Licenciouse en Química e despois fixo o doutoramento en Farmacia e en Ciencias Naturais na Universidade de Barcelona. Era considerado un destacado experto en mineraloxía e cristalografía, campos nos que publicou máis de douscentos artigos de investigación e algúns libros.

Foi profesor de investigación do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) en Barcelona e catedrático de Cristalografía, Mineraloxía e Mineralotecnia da Universidade de Barcelona. Profesor emérito desde o ano 1988, tamén foi director do Departamento de Cristalografía e Mineraloxía e vicedecano da Facultade de Ciencias (1969-1973). Membro da Real Academia das Ciencias e as Artes de Barcelona e doutras sociedades científicas de prestixio.

Ocupou diversos cargos políticos no Concello de Barcelona, entre os cales destaca o de alcalde en funcións o ano 1979.

Véxase tamén

editar
Predecesor:
Josep Maria Socías
  
Alcalde de Barcelona
 
xaneiro de 1979 - abril de 1979
Sucesor:
Narcís Serra