Manuel Fernández Trigo

adestrador e dirixente deportivo galego

Manuel Fernández Trigo, nado o 30 de maio de 1932 na Coruña e finado o 21 de marzo de 2011 en Madrid, foi un adestrador e directivo deportivo galego.

Modelo:BiografíaManuel Fernández Trigo
Biografía
Nacemento30 de maio de 1932 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte21 de marzo de 2011 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirixente deportivo, xornalista deportivo Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMaribel Gómez Frutos Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Xornalista de oficio, Fernández Trigo traballou na Voz de Galicia, onde asinaba os seus artigos como Mafertri. Converteuse en xerente do equipo de fútbol do Deportivo da Coruña no ano 1969, ao tempo que adestraba ao baloncesto no equipo feminino do Medina A Coruña. En 1978, o presidente do Real Madrid, Luis de Carlos, fichouno como xerente,[1] posto onde permaneceu baixo as presidencias de De Carlos, Ramón Mendoza e parte da de Lorenzo Sanz, co que chegou a ser director xeral.

Xubilouse en 1999 e fundou un club masculino de fútbol, o Gandarío Sanse, en San Sebastián de los Reyes. Deste club, que leva o nome da praia de Gandarío, en Bergondo, foi o presidente e mais o adestrador durante unha década, e con el chegou a Preferente Autonómica. A presidenta do equipo é a súa viúva, a tamén galega Maribel Gómez Frutos.

  1. "Fallece Manuel Fernández Trigo, El 'Gerente' del Real Madrid - MARCA.com". www.marca.com. Arquivado dende o orixinal o 08 de novembro de 2017. Consultado o 2017-11-07.