Manuel Fernández Anidos

futbolista galego

Manuel Fernández Anidos, nado en Narón o 9 de maio de 1972 é un exfutbolista galego máis coñecido como Manel Fernández, que xogaba na demarcación de centrocampista. Fillo do tamén futbolista Manuel Fernández Amado.

Manel Fernández
Información persoal
Nome Manuel Fernández Anidos
Nacemento 9 de maio de 1972 (51 anos)
Lugar de nacemento Narón
Posición Centrocampista
Carreira xuvenil
Racing de Ferrol
1991-1993 Celta de Vigo B
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1993-1994 Celta de Vigo 1 (0)
1994-1996 Racing de Ferrol
1996-1998 Elche CF
1998-2003 Racing de Ferrol 160 (26)
2003-2004 Cerceda
2004-2006 Viveiro CF
2006-2008 Narón Balompé Piñeiros
Selección nacional
1993 Selección española sub-21 4 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Comezou a xogar a fútbol na escola Os amigos d'A Malata, de onde pasou ao equipo xuvenil do Racing de Ferrol e de aí ao filial do Celta de Vigo de Terceira División en 1991.

Tras dúas boas tempadas no Celta de Vigo B realiza a pretempada 1993/94 co primeiro equipo baixo as ordes de Txetxu Rojo, ese mesmo ano tamén debutaría coa Selección de fútbol sub-21 de España da man de Javier Clemente. Porén a súa experiencia co Celta en competición oficial limítase ao encontro de debut, ante o FC Barcelona, e catro encontros na Copa do Rei, torneo no que o equipo acadaría o subcampionato.

Ao remate desa tempada deixaría o Celta e volvería ao Racing de Ferrol, por aquel entón en Segunda División B. Dous ano despois probou sorte no Elche CF, co que conseguiu o ascenso a Segunda División, a pesar de que no seu segundo e último ano no equipo descenderon outra vez. Pasados eses dous anos volver ao Racing para xogar cinco tempadas, ao remate da segunda das cales o equipo acadou o ascenso á categoría de prata.

No ano 2003 fichou polo Centro Cultural e Deportivo Cerceda e ao ano seguinte polo Viveiro CF. Finalmente fichou en 2006 polo Narón Balompé Piñeiros, onde se retirou en 2008.