Manuel Eive Villar

guerrilleiro antifranquista galego

Manuel Eive Villar, nado en Regoela (Cabanas) en 1913 e finado na mesma parroquia o 2 de agosto de 1946, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Manuel Eive Villar
Nacemento1913
 Regoela
Falecemento2 de agosto de 1946
 Regoela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmembro da resistencia
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Irmán de Evaristo e José Eive Villar. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e botouse ao monte. Foi xulgado na Coruña por deserción e declarado fuxido e en rebeldía. Integouse no grupo liderado por José Vázquez Mauriz e Ramiro Martínez López que loitaba na bisbarra do Eume. Na primavera de 1944 organizou co seu irmán Evaristo, Ramiro Carbón Fornos e José Vázquez Mauriz, un grupo guerrilleiro no que moitos dos membros eran desertores da base naval de Ferrol. Foi asasinado nunha emboscada da Garda civil en Regoela o 2 de agosto de 1946.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 58. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externasEditar