Manuel Doldán Caridad

Manuel Doldán Caridad, nado no Temple (Cambre) e finado en Coirós en agosto de 1936, foi un político galego.

Infotaula de personaManuel Doldán Caridad
Biografía
NacementoCambre Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Mozo de almacén afiliado á CNT e próximo ao PSOE. Logo das eleccións de febreiro de 1936 foi designado concelleiro de Cambre, tomou posesión o 21 de marzo.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi paseado. O seu cadáver apareceu en Coirós en agosto de 1936. Xulgado polo Tribunal Regional de Responsabilidades Políticas, foi sancionado o 23 de xullo de 1941 con 100 pesetas.[2]

Datos persoais editar

Casou con Carmen Don Míguez, foi pai de José, Manuel e Rogelio Doldan Don.

Notas editar

  1. Xeración perdida. Coruña 36 (PDF). Deputación da Coruña. 2018. p. 143. ISBN 9788498123319. 
  2. BOE, 9-12-1941, p. 4554.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar