Manuel Díez Sanjurjo

enxeñeiro e arqueólogo español


Manuel Díez Sanjurjo, nado en Burgos o 28 de novembro de 1870 e finado en Valladolid (ou en Madrid segundo outras fontes)[1] o 3 de decembro de 1941,[2] foi un enxeñeiro de camiños e arqueólogo castelán, que residiu varios anos en Ourense. Foi membro numerario da Real Academia Galega[3].

Infotaula de personaManuel Díez Sanjurjo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de novembro de 1870 Editar o valor em Wikidata
Burgos, España Editar o valor em Wikidata
Morte3 de decembro de 1941 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Valladolid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeiro de camiños , arqueólogo Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeSalvadora Muntadas

BNE: XX1251536

Traxectoria

editar
 
Ponte da Cigarrosa.
 
Rúa M. Díez Sanjurjo en Maside.

Foi inspector xeral do Cuerpo de Ingenieros de Caminos e participou na construción da N-120. Era amigo do grupo de intelectuais que rodeaban a Marcelo Macías no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, e foi autor de varios traballos de arqueoloxía. Estudou o campamento militar de Aquis Querquennis e o Itinerario de Antonino. En 1908 realizou o proxecto de restauración da ponte da Cigarrosa, sobre o río Sil, entre A Rúa de Valdeorras e Petín. Foi vocal da Comisión Provincial de Monumentos Históricos e colaborou no seu boletín. Ingresou na RAG como membro numerario o 20 de xuño de 1908, en acto celebrado na cidade de Ourense, a proposta de Florencio Vaamonde, Francisco Tettamancy e Uxío Carré Aldao, pronunciando o discurso "Epílogo de la historia del fuero de Allariz", respondido por Tettamancy.[4]

  • Los caminos antiguos y el Itinerario número 18 de Antonino en la provincia de Orense, 1904-1908.[5]
  • "Epifanía latina en la provincia de Orense", 1906.
  • De Clunia a Intercacia según el Itinerario de Antonino, 1917.
  1. "Don Manuel Díez Sanjurjo". La Región. 10 de decembro de 1941. p. 4. 
  2. Sáenz Ridruejo, Fernando. "Manuel Díez Sanjurjo". Diccionario biográfico español. 
  3. "Manuel Díez Sanjurjo". Real Academia Galega. 
  4. Díez Sanjurjo, M.; Tettamancy, F. (1908). Discursos leídos ante la Real Academia Gallega en la recepción pública del señor D. Manuel Díez Sanjurjo. A Coruña: Real Academia Galega. 
  5. Publicado por entregas dende o n.º 37 ao 63 do Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar