Manuel Casariego

banqueiro e político galego
(Redirección desde «Manuel Casariego Bares-Rey»)

Manuel Casariego Bares-Rey, finado en Ortigueira o 21 de maio de 1952[1], foi un banqueiro e político galego.

Infotaula de personaManuel Casariego
Biografía
Morte21 de maio de 1952 Editar o valor em Wikidata
Ortigueira, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Ortigueira
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbanqueiro , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Era socio de Manuel Sandomingo Crego na casa de banca Sandomingo Hermano y Casariego establecida en Ortigueira, que despois foi sucursal do Banco Pastor. Escribiu no xornal coruñés La Mañana, e fundou El Eco Ortegano, La Opinión de Ortigueira e La Opinión, con textos de cuesións económicas e sociais. Tamén escribiu na revista madrileña Nueva Economía Nacional.

Foi alcalde de Ortigueira de 1914 a 1915. Foi elixido deputado provincial como liberal-prietista polo distrito de Ferrol-Ortigueira en outubro de 1915, para substituír o falecido Manuel Sandomingo, permanecendo no posto até novembro de 1917, cando dimitiu logo de ser elixido concelleiro. Volveu ser nomeado alcalde de Ortigueira en xaneiro de 1918, dimitindo en maio dese ano. Volveu ser deputado provincial entre 1920 e 1923. Na Segunda República presidiu a Asociación Unión Republicana que se constituíu en 1931 e presentouse ás eleccións a Cortes de 1931 pero non foi elixido. Militou no Partido Radical e desenvolveu dende La Voz de Galicia unha campaña contra a corporación municipal presidida por Jesús Fojo Díaz.

En 1946 foi elixido membro correspondente da Real Academia Galega.

Predecesor:
Manuel Sandomingo Crego
  
Alcalde de Ortigueira
 
1914 - 1915
Sucesor:
Federico Maciñeira Pardo de Lama
Predecesor:
Adolfo Teijeiro Botana
  
Alcalde de Ortigueira
 
1918
Sucesor:
Federico Maciñeira Pardo de Lama

Vida persoal editar

Casou con Carmen Dávila en 1905.

Notas editar

  1. La Voz de Galicia, 22-5-1952, p. 5.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Rosende, Anxel M. (1988). Do Castro, ed. O agrarismo na comarca do Ortegal (1893/1936). Sada. ISBN 84-7492-399-9.