Manuel Calvar González

mariñeiro e sindicalista galego

Manuel Calvar González, nado en Moaña en 1912 e finado en Pontevedra o 19 de decembro de 1936, foi un mariñeiro e sindicalista galego.

Infotaula de personaManuel Calvar González
Biografía
Nacemento1912 Editar o valor em Wikidata
Moaña, España Editar o valor em Wikidata
Morte19 de decembro de 1936 Editar o valor em Wikidata (23/24 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiClemente Calvar Solla Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Clemente Calvar Solla e sobriño de Basilio Calvar Solla, foi detido con el en abril de 1932 acusados de furto.[1] Foi novamente detido en marzo de 1936 acusado de agresión ao concelleiro Francisco Pastoriza González.[2] Afiliado a Solidaridad Marinera da CNT. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu. Foi detido e fusilado en Pontevedra o 19 de decembro de 1936 "por estar incurso en los bandos vigentes", "por habérsele cogido infraganti con armas con las cuales había herido a Manuel Rios Pequeño".[3]

Notas editar

  1. El Pueblo Gallego, 21-4-1932, p. 9.
  2. La Voz de la Verdad, 27-3-1936, p. 2.
  3. Incursos nos bandos vixentes...

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar