Manuel Buhigas Novo

político galego

Manuel Buhigas Novo, nado en Vilagarcía de Arousa e finado no Mesón do Vento (Ordes) en 1936, foi un político galego.

Infotaula de personaManuel Buhigas Novo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
NacementoVilagarcía de Arousa, España Editar o valor em Wikidata
Morte1936 Editar o valor em Wikidata
Ordes, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Ulpiano Buhigas Abad. En 1924 foi nomeado axente de seguros do Real Automóbil Club de España.[1] Na ditadura de Primo de Rivera foi cabo do Somatén de Vilagarcía e Cambados.[2] Foi contratado como actor e caricato en 1927, chegando a facer unha xira por América.[3][4] Asentouse en Cabanas. Aprobou en 1934 os exames para mecánico maquinista da mariña civil co número un.[5] Militante do PSOE, participou en mitins do Frente Popular para as eleccións de febreiro de 1936.[6] Logo do triunfo do Frente Popular foi nomeado concelleiro de Cabanas en febreiro, e elixido primeiro tenente alcalde na corporación que presidiu Álvaro Puentes Antón. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e paseado no Mesón do Vento (Ordes), sen que chegara a atoparse o seu cadáver. O xuíz de instrución de Pontedeume abríulle expediente de responsabilidades políticas en marzo de 1943.[7]

Vida persoal editar

Casou en Pontedeume con María Manuela Rodríguez Anca en xaneiro de 1931.[8]

Notas editar

  1. Galicia Nueva, 6-4-1924, p. 2.
  2. El Ideal Gallego, 22-3-1925, p. 2.
  3. El Eco de Santiago, 19-2-1927, p. 2.
  4. El Pueblo Gallego, 24-2-1927, p. 11.
  5. El Pueblo Gallego, 4-2-1934, p. 9.
  6. La Voz de Galicia, 11.2.1936, p. 2.
  7. BOE, 16-3-1942, p. 1018.
  8. El Pueblo Gallego, 29-11-1929, p. 9.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar