Manuel Albo

médico, profesor e político galego

Manuel Albo Carballeira, nado en Xunqueira (Viveiro) o 7 de maio de 1886 e finado en Montevideo en 1935, foi un médico, profesor e político galego.

Infotaula de personaManuel Albo
Biografía
Nacemento7 de maio de 1886 Editar o valor em Wikidata
Viveiro, España Editar o valor em Wikidata
Morte6 de novembro de 1935 Editar o valor em Wikidata (49 anos)
Montevideo, Uruguai Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña
Uruguai Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

O seu tío paterno, Isidro Albo levouno ao Uruguai en 1891 con cinco anos e adoptouno. Estudou na escola local e despois foi interno ao Seminario de Montevideo. Ingresou na Facultade de Medicina con 19 anos, compaxinando os estudos co cargo de profesor da Escola de Enfermeiros. Obtivo unha bolsa e visitou clínicas de Francia, España, Inglaterra e os Estados Unidos. Ao regreso incorporouse como médico interno no Hospital Maciel. Traballou no Hospital Pasteur, na Clínica Lamas, no sanatorio da Casa de Galicia, do que foi director, e no hospital central de La Española. Foi profesor titular da Cátedra de Medicina Operatoria da Facultade de Medicina de Montevideo. Foi elixido deputado polo Partido Blanco en dúas ocasións, nos períodos lexislativos entre 1923 e 1931.

Recoñecementos editar

A Facultade de Medicina creou un premio de investigación co seu nome. A Municipalidade de Montevideo púxolle o seu nome a unha céntrica avenida. A Casa de Galicia fíxolle unha homenaxe en 1947, na que participou Castelao e Antón Alonso Ríos.

Vida persoal editar

Casou en Montevideo coa tamén médico Luisa Volonté Lalinde, e foi pai de Manuel Albo Volonté.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar