Manuel Acuña Palmeiro
político galego
Manuel Acuña Palmeiro foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Alcalde de Vilaboa | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Traxectoria
editarDurante a Segunda República accedeu á alcaldía de Vilaboa logo da dimisión de Francisco González García o 7 de decembro de 1931. Militante de Acción Republicana, na Asemblea provincial do partido de 1933 foi elixido vogal por Pontevedra no Comité executivo.[1] Foi destituído como alcalde polo gobernador civil o 18 de outubro de 1934. Logo do triunfo da Frente Popular, foi reposto na alcaldía o 1 de marzo de 1936. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído o 6 de outubro.
Notas
editar- ↑ El Pueblo Gallego, 1-8-1933, p. 8, 12.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Castiñeiras Guerra, Manuel (1979). Vilaboa do Morrazo. Autoedición. ISBN 978-84-300-1923-6.
Predecesor: Francisco González García |
Alcalde de Vilaboa 1931 - 1934 |
Sucesor: José Rosendo Gómez |
Predecesor: José Rosendo Gómez |
Alcalde de Vilaboa 1936 |
Sucesor: Manuel Boullosa Rial |