Manifesto de Abrantes
O Manifesto de Abrantes foi unha proclama emitida en Abrantes (Portugal), o 1 de outubro de 1833, por Carlos María Isidro de Borbón,[1] infante de España e pretendente ao trono español, tras a morte do seu irmán, o rei Fernando VII de España.
Historia
editarO infante Carlos Mª Isidro marchou ao desterro a Portugal, tras ser expulsado por Fernando VII, contando co apoio do seu curmán o rei Miguel I. Nesa proclama, malia afirmar non cobizar o trono,[2] declarou que tiña o deber de loitar por el, polos seus fillos, en nome da lexitimidade da sucesión, desde o seu punto de vista ilegalmente alterada. Remataba apelando á paz e á concordia, cousa que non sucedería, xa que o suceso foi a base dunha longa discordia e das guerras carlistas que afectaron a España durante todo o século XIX.
En realidade, estaba en contra da derrogación da Pragmática Sanción de 1830, pola que Fernando VII declaraba sucesora a súa filla Isabel e recalamba o seu mantemento como era tradicional na casa Borbón. Daquela, sendo o varón de maior idade e con maior proximidade ao rei, el debería ser o sucesor. Ao non conseguilo, autoproclamouse Carlos V, emitiu moeda e non renunciou aos seus dereitos[1] polo que comezou a Primeira guerra carlista.
Notas
editarVéxase tamén
editarBiografía
editar- Díaz Villanueva, Fernando (2021). La ContraHistoria de España (epub) (en castelán) (1ª ed.). Madrid: La Esfera de los libros. ISBN 978-84-1384177-9.
- García Gómez, María del Carmen; Ordaz Romay, Javier (2005). Materiales para la Historia de España (en castelán). Madrid: Akal. ISBN 978-84-460-1961-9.