Man or Astro-man?

Man or Astro-man? é unha banda estadounidense de surf rock formada en Auburn, Alabama a principios dos anos 90 que chegou á fama durante a seguinte década.

Man or Astro-man?
OrixeAuburn, Alabama,
Período1992 - presente
Xénero(s)indie rock, garage rock, punk rock, surf rock, rock psicodélico, space rock, rock electrónico
Selo(s) discográfico(s)Estrus, Au Go Go, One Louder, Touch and Go, Sympathy for the Record Industry, Lance Rock
MembrosBrian "Birdstuff" Teasley
Brian "Star Crunch" Causey
Robert "Coco the Electronic Monkey Wizard" del Bueno
Na rede
http://www.astroman.com/
Facebook: 290477140142 Twitter: astrohq MySpace: manorastroman Bandcamp: manorastroman Last fm: Man+or+Astro-Man? Musicbrainz: 28c5d97f-4321-4ef4-8ac2-d9d93b0eb16c Songkick: 407227 Discogs: 324420 Allmusic: mn0000954597 Editar o valor en Wikidata

Principalmente instrumental, Man or Astro-man? fusiona o estilo surf rock de principios dos 60 de artistas como Dick Dale e The Spotnicks con sons new wave e punk rock de finais dos 70 e principios de 80. Man or Astro-man? foi coñecido pola súa anacrónica dedicación a temas de ciencia ficción, samples de son, escuros dispositivos electrónicos (como theremins e transformadores tesla), e enérxicos concertos. Os seus primeiros álbums como Is It ... Man or Astroman? e Destroy All Astromen![1] eran coñecidos pola súa instrumentación surf rock tradicional e as introducións con sons de ciencia ficción, pero os últimos como EEVIAC... e A Spectrum of Infinite Scale[1][2] eran coñecidos polo uso de sintetizadores, impresoras (como a Apple ImageWriter II), e polo seu son experimental máis abstracto. As súas gravacións adoitan a estar salpicadas de anacos de son de películas e programas de ciencia ficción.

Crese que o grupo tomou o seu nome do póster da edición estadounidense do filme xaponés Gasu Ningen Daiichigō, que tiña como eslogan a frase "IS HE MAN OR ASTRO-MAN?", sendo esa liña aparentemente apropiada para ser usada no título do seu primeiro álbum, Is It ... Man or Astroman?

Discografía

editar

Álbums

editar
Álbum Ano Selo
Is It ... Man or Astroman? 1993 Estrus Records
Project Infinity 1995 Estrus Records
Experiment Zero 1996 Touch & Go Records
Made from Technetium 1997 Touch & Go Records
EEVIAC Operational Index and Reference Guide, Including Other Modern Computational Devices 1999 Epitaph Europe, Touch & Go Records
A Spectrum of Infinite Scale 2000 Epitaph Europe, Touch & Go Records
A Spectrum of Finite Scale 2001 Zerotec
Defcon 5...4...3...2...1 2013 Warm Electronic Recordings/Chunklet Industries
Live at Third Man Records 2017 Third Man Records
  1. "Man or Astro-man? - A Spectrum of Infinite Scale". AllMusic (en inglés). Consultado o 2022-06-21. 
  2. "Man or Astro-Man?: A Spectrum of Infinite Scale". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2022-06-21.