Mallacán é un grupo musical aragonés xurdido en Zaragoza no ano 1992. A primeira gravación que fixeron foi unha maqueta en casete chamada "Entalto a reboluzión!" no ano 1995 e dende entón teñen publicados catro álbums: "Luen d'o paradiso" (1999), "Chera chera!" (2002), "País zierzo" (2005) e "Mar de suenios" (2009). Empregan o aragonés na meirande parte das súas cancións, aínda que tamén teñen gravado algunhas en catalán e castelán.

Mallacán
OrixeZaragoza, Aragón Aragón
Período1992-presente
Xénero(s)Rock, ska, reggae e folk
MembrosFernando
Arturo
Sito
Mario
Eduardo
Alex
Jandro
Na rede
http://www.mallacan.org/
Facebook: Mallac Musicbrainz: 5802d7ea-8428-47c4-ae20-e2c56231191d Discogs: 1694312 Editar o valor em Wikidata

A súa música é unha fusión de rock, ska, reggae e folk.

Compoñentes do grupo editar

Actualmente, o grupo está formado por sete compoñentes, pero houbo moito cambios de formación durante a historia do grupo:

Destacan por empregar instrumentos tradicionais de Aragón como a gaita de boto e a dulzaina aragonesa.

Discografía editar

  • Entalto a reboluzión! (1995)
  • Luen d'o paradiso (1999)
  • Chera, chera! (2002)
  • País Zierzo (2005)
  • Mar de suenios (2009)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar