Malaria das aves
Plasmodium relictum | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||
|
A malaria das aves ou malaria aviaria é unha enfermidade parasitaria das aves, xeralmente causada polo protozoo Plasmodium relictum (ver a súa clasificación no cadro taxonómico).
Etioloxía
editarA malaria das aves está causada fundamentalmente pola especie de protozoos Plasmodium relictum, que infecta as aves en todas as partes do mundo agás a Antártica. Non obstante, hai outras especies de Plasmodium que en raros casos poden tamén infectar ás aves, como Plasmodium anasum e Plasmodium gallinaceum, pero estas teñen normalmente menos importancia para a industria da avicultura. A enfermidade está distribuída mundialmente, con algunhas importantes excepcións.[1] Xeralmente, non mata as aves, pero en áreas onde a malaria das aves é de nova introdución, como as illas Hawai, pode ter resultados devastadores para as aves que perderon a súa resistencia evolutiva co tempo e o illamento.
En Hawai o vector é o mosquito Culex quinquefasciatus, que foi introducido nas illas en 1826. Desde entón, a malaria das aves e a varíola das aves devastaron as poboacións de aves nativas, causando moitas extincións, ata o punto que Hawai é a parte do mundo no que se rexistraron máis extincións de aves, e a doenza ameaza a existencia de todas.
Proceso da doenza e epidemioloxía
editarO Plasmodium relictum reprodúcese nos eritrocitos. Se a carga de parasitos é suficientemente alta, as aves empezan a perder eritrocitos, o que lles causa anemia (USDI e USGS 2005). Como estas células son esenciais para transportar o oxíxeno polo corpo, a perda destas células pode orixinar unha progresiva debilidade e, finalmente, a morte (USDI e USGS 2005). Unhas especies de aves son máis susceptibles á malaria que outras.
A incidencia desta doenza case triplicou nos últimos 70 anos. Foron notablemente afectados os pardais comúns (Passer domesticus), ferreiriños abelleiros (Parus major), e papuxas das amoras (Sylvia atricapilla). Antes de 1990, cando as temperaturas globais eran máis frías que agora, menos do 10% dos pardais estaban infectados de malaria. Porén, en anos recentes, esta cifra incrementouse ata case o 30%. Igualmente, desde 1995, a porcentaxe de papuxas das amoras infectadas de malaria subiu do 3 ao 15%. Outro exemplo, é a avelaiona (Strix aluco) no Reino Unido no que a incidencia da malaria subiu do 2 ou 3% ao 60%.[2]
Notas
editar- ↑ Clark, Nicholas; Clegg, S.; Lima, M. (2014). "A review of global diversity in avian haemosporidians (Plasmodium and Haemoproteus: Haemosporida): new insights from molecular data.". International Journal for Parasitology 44 (5): 329–338. PMID 24556563. doi:10.1016/j.ijpara.2014.01.004.
- ↑ GaramszegI, László Z (2011). "Climate change increases the risk of malaria in birds". Global Change Biology 17 (5): 1751–1759. doi:10.1111/j.1365-2486.2010.02346.x.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- http://www.issg.org/database/species/ecology.asp?si=39&fr=1&sts= Arquivado 11 de xuño de 2011 en Wayback Machine.