Haemospororida

(Redirixido desde "Haemosporida")

Haemospororida (ás veces chamado Haemosporida) é unha orde de protozoos parasitos intraeritrocíticos (que se desenvolven dentro de eritrocitos nalgún momento do seu cico de vida).

TaxonomíaEditar

Hai unhas 500 especies nesta orde organizadas en catro familias: Garniidae, Haemoproteidae, Leucocytozoidae e Plasmodiidae. A maioría das especies pertencen a tres xéneros: Haemoproteus, Leucocytozoon e Plasmodium.

Os Haemoproteidae e os Plasmodiidae producen ambos pigmento. Estas familias foran situadas na orde Laveraniina. Nin os Haemoproteidae nin os Leucocytozoidae teñen un ciclo asexual no sangue periférico. Os Garniidae non producen pigmento pero teñen un ciclo asexual no sangue.

O taxon divídese en detalle como segue:

NotaEditar

O xénero Mesnilium é o único destes taxons que infecta a peixes. Comprende unha soa especie e só se publicou un informe del unha vez. Pode ser que este xénero fose situado incorrectamente neste grupo. Probablemente serán necesarios estudos de ADN para aclarar este punto.

Varios xéneros infectan a mamíferos: Bioccala, Biguetiella, Dionisia, Hepatocystis, Plasmodium, Polychromophilus, Nycteria e Rayella.

Os insectos que funcionan como vectores para Hepatocystis, Plasmodium e Polychromophilus son respectivamente das familias Ceratopogonidae, Culicidae e Nycteribiidae. Os vectores de Nycteria e Rayella non se coñecen actualmente. Bioccala tamén usa insectos Nycteribiidae como vectores.

Rayella crese que se orixinou a partir de Hepatocystis.[3][4]

Outros xéneros que poden estar relacionadosEditar

FiloxenéticaEditar

Morrison utilizando datos moleculares considera que os Haemosporida están aniñados dentro das gregarinas e que este clado é distinto dos piroplasmas.[5] Este último clado é un grupo irmán dos coccidios.

NotasEditar

  1. R. Lainson, I. Landau and J.J. (1971) Shaw On a new family of non-pigmented parasites in the blood of reptiles: Garniidae fam. nov., (Coccidiida: Haemosporidiidea). Some species of the new genus Garnia.Int. J. Parasitol, 1, (3-4) 241-244
  2. Landau I, Chavaite JM, Peters W & Chabaud A (2010) The sub-genera of avian Plasmodium. Parasite 17: 3-7
  3. Garnham PCC (1966) Malaria parasites and other Haemosporidia. 1. Oxford: Blackwell Scientific Publications
  4. Mattingly PF (1983) The paleogeography of mosquito-borne disease. Biol J Linn Soc Lond 19:26
  5. Morrison DA (2009) Evolution of the Apicomplexa: where are we now? Trends Parasitol 25 (8) 375-382