Makronisos (grego: Μακρόνησος) é unha illa pertencente ao grupo das Cícladas situada ao oeste de Kea e ao sur do porto de Lavrio, en Cabo Sunión. Ten unha superficie de 15 km² e 28 km de litoral. De forma alargada mide uns 13 km en dirección N-S por tan só 400–500 m en dirección E-O.

Modelo:Xeografía políticaMakronisos
Imaxe

Localización
Mapa
 37°42′N 24°07′L / 37.7, 24.12Coordenadas: 37°42′N 24°07′L / 37.7, 24.12
EstadoGrecia
Administracións descentralizadasDecentralized Administration of the Aegean (en) Traducir
PeriferiasExeo Meridional
Unidades periféricasCeos-Cítnos (pt) Traducir
ConcelloKea Municipality (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación9 (2011) Editar o valor em Wikidata (0,45 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie20 km² Editar o valor em Wikidata
Medición2,5 (ancho) × 13 (lonxitude) km
Bañado porMar Exeo Editar o valor em Wikidata
Altitude281 m Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

Na antigüidade a illa era chamada Helena xa que segundo a lenda detívose nela este personaxe de camiño a Troia. Restos arqueolóxicos mostran que a illa foi habitada desde tempos prehistóricos.

Na canle que separa Makronisos de Kea afundiuse o barco hospital HMHS Britannic, xemelgo do Titanic, tras chocar cunha mina ás 08:21 h do 21 de novembro de 1916. 55 minutos máis tarde a nave foise a pique, repousando agora a 120 m de profundidade. 30 persoas faleceron no naufraxio e unhas 1.000 puideron ser salvadas polos pescadores de Koritsiá, a capital de Kea. O barco, que se dirixía aos Dardanelos, non transportaba feridos.

Durante a guerra civil grega e a ditadura dos coroneis, Makrónisos foi utilizado como lugar de deportación dos prisioneiros políticos, principalmente dos membros do partido comunista. Actualmente deshabitada, a illa é considerada un monumento conmemorativo da guerra civil.