Mako Mermaids: An H2O Adventure” (Netflix), “Mako: Island Of Secrets” (en Australia) ou mundialmente coñecida como “Mako Mermaids” (traducido ó galego como “As sereas de Mako”) é unha serie de aventuras para nenos e adolescentes. Xurdiu como un spin-off de H2O: Just Add Water, estreada orixinalmente o 26 de xullo do 2013 en todos os territorios de Netflix e en Australia pola cadea Network Ten. A súa estrea en España foi no 28 de outubro do 2013 en Disney Channel. A segunda tempada empezouse a filmar en febreiro do 2014, e a súa estrea foi no 13 de febreiro do 2015 os 13 primeiros episodios en todos os territorios de Netflix, e no 29 de maio os 13 episodios restantes. Os episodios da terceira tempada estreáronse no 27 de maio do 2016 tamén en Netflix, e a serie rematou. A serie tivo tres tempadas, as dúas primeiras con 26 episodios e a derradeira con 16. Está planeada unha película para estrearse proximamente, que dará fin á serie.

Mako Mermaids
FormatoXuvenil, fantasía
Creado porJonathan M. Shiff
Dirixido porEvan Clarry
Grant Brown
IntérpretesLucy Fry
Amy Ruffle
Ivy Latimer
Chai Romruen
Issi Durant
Allie Bertram
Gemma Forsyth
Alex Cubis
Tema de apertura"I Just Wanna Be" por Chantelle Defina e Jack Dacy
Tema de peche"I Just Wanna Be" por Chantelle Defina e Jack Dacy
País de orixeAustralia
Lingua(s)Orixinal en inglés,
dobrada ó castelán e outros.
Temporadas3
Episodios68
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Jonathan M. Shiff
Julia Adams
Duración24 min
DistribuidorZDF Enterprises
Emisión orixinal
Canle de orixeNetwork Ten
Primeiro episodio26 de xullo do 2013
Derradeiro episodio27 de maio do 2016
Na rede
http://tenplay.com.au/channel-eleven/mako-island-of-secrets
IMDB: tt2548214 Allocine: 17436 Rottentomatoes: tv/mako-mermaids-an-h2o-adventure TV.com: shows/mako-mermaids-an-h2o-adventure Netlix: 70281343Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

Mako Mermaids (As sereas de Mako) conta as aventuras das sereas Lyla, Sirena e Nixie, que forman parte dun grupo de sereas que viven nas augas da ficticia Illa de Mako. Como novos membros do grupo, a súa tarefa é protexe-lo estanque da Lúa e preservalo dos intrusos. Pero unha noite de lúa chea, as travesas sereas descoidan os seus deberes e Zac, un mozo humano de 16 anos natural de alí, entra no estanque da Lúa e establece unha conexión especial con Mako, as súas pernas convértense nunha cola de peixe cando toca a auga e comeza a ter poderes, converténdose nun tritón.

O grupo de sereas vese forzado a deixa-la illa de Mako e como resultado, Lyla, Sirena e Nixie ven marxinadas do grupo, polo que o trío de sereas saben que só poderán ser aceptadas de novo no grupo se Zac for humano de novo; deberán aventurarse na terra, ter pernas e quita-los poderes de Zac ou serán excluídas para sempre.

Televisión editar

Aínda que algúns episodios da primeira tempada da serie se estreasen na páxina web Netflix as emisións oficiais da primeira tempada da serie estreáronse na canle australiana Network Ten o 8 de novembro do 2013 ás 8 da noite, e máis tarde a serie estreouse na canle pública australiano Eleven os domingos ás 11 da mañá. A segunda tempada estreouse o 13 de febreiro do 2015 os 13 primeiros episodios, e estreáronse os 13 episodios restantes o 29 de maio dese mesmo ano. Toda a terceira tempada estreouse na web de Netflix o 27 de maio do 2016.

En España a primeira tempada foi estreada o 28 de outubro do 2013 pola canle Disney Channel e finalizou a finais dese mesmo ano. A segunda tempada foi estreada o 29 de xuño do 2015 tamén pola canle Disney Channel.

Personaxes editar

Personaxes principais editar

Actor Personaxe Episodios Tempadas
Lucy Fry Lyla 26 1
Amy Ruffle Sirena 52 1, 2
Ivy Latimer Nixie 26 1
Chai Romruen Zac Blakely 52 1, 2, 3
Isabel Durant Ondina[1] 26 2, 3
Allie Bertram Mimmi[1] 26 2, 3
Gemma Forsyth Evie 38 1, 2, 3
Alex Cubis Erik[1] 26 2
Linda Ngo Weilan Descoñecido 3

Personaxes recorrentes editar

Actor Personaxe Ocupación Episodios Tempadas
Dominic Deutscher Cam Mellor amigo de Zac 52 1, 2, 3
Kerith Atkinson Rita Santos Directora 50 1, 2, 3
Rowan Hills David Empregado do “Ocean Café” 34 1, 2, 3
Brooke Nichole Lee Carly Empregada do “Ocean Café” 11 1, 2, 3
Jenna Rosenow Acquata Irmá de Sirena 3 1

Produción editar

O programa é derivado da serie H2O: Just Add Water, emitida en máis de 160 territorios en todo o mundo; e pódese atopar unha conexión entre Mako Mermaids e H2O nos derradeiros dous episodios da serie, onde Rikki fai unha aparición especial. O orzamento inicial da serie foi de 12,5 millóns de dólares. As colas son moito máis lixeiras que as usadas en H2O, xa que as de H2O pesaban 40 kg e as de Mako Mermaids só 12 kg.

A serie foi filmada do 8 de maio do 2012 até o 12 de outubro do mesmo ano. Os primeiros 13 episodios estreáronse en Netflix, para unha audiencia internacional de 120 países. Os últimos 13 episodios estreáronse o 15 de setembro do mesmo ano.[2][3]

En España estreouse co nome As sirenas de Mako o 28 de outubro do 2013 en Disney Channel ás 18:30 horas.

Episodios editar

Tempada 1 editar

  1. Expulsadas (Outcasts)
  2. Obtendo pernas (Getting Legs)
  3. Coñecendo a Rita (Meeting Rita)
  4. Lyla soa (Lyla Alone)
  5. Xistra (Blizzard)
  6. Cola de golfiño (Dolphin Tale)
  7. A festa da piscina de Zac (Zac's Pool Party)
  8. O regreso de Zac a Mako (Zac's Return to Mako)
  9. Canción de serea (The Siren)
  10. Zac volve a Mako de novo (Zac Returns to Mako)
  11. Non creo nas sereas (I Don't Believe in Mermaids)
  12. Pechar a chamada (Close Call)
  13. Traizón (Betrayal)
  14. Liñas de batalla (Battlelines)
  15. O segredo de Sirena (Sirena's Secret)
  16. Treguas (Truce)
  17. O Anel de Lúa 2 (Moon Ring 2)
  18. O plan do tridente (The Trident Job)
  19. Onde está o botón de acender? (Where's the On Button?)
  20. Nada para esconder (Nowhere to Hide)
  21. O regreso de Acquata (Acquata Returns)
  22. Evie ó cadrado (Evie Times Two)
  23. A elección de Zac (Zac's Choice)
  24. Confianza (Trust)
  25. Traizoados (Betrayed)
  26. Hora da decisión final (Decision Time)

Tempada 2 editar

Lyla, Nixie e Sirena conseguen volver ó grupo, pero Lyla e Nixie deixan a serie tentando ter unha vida nova. Zac e Evie aínda están xuntos, vivindo grandes aventuras. Sirena non pode coidar do estanque da lúa soa, e o grupo chama dúas sereas novas para substituír Lyla e Nixie: Ondina e Mimmi. As tres coidan do estanque da lúa e fanse grandes amigas. Entón Ondina e Mimmi foxen da illa de Mako con Sirena co intento de reconverter Zac en humano. Pero a conexión entre Zac e Mako é cada vez máis forte. Se non tiveren éxito, nunca romperán a súa conexión nin salvarán Mako. Durante a lúa chea, tratan de elimina-los seus poderes, e Evie decide intervir e de súpeto convértese nunha serea. Ó final, as tres sereas quedan de novo con Rita e Poseidón.

  1. O sétimo ciclo (The Seventh Cycle)
  2. Unha situación pegañenta (Sticky Situation)
  3. Descubrimento (Discovery)
  4. Unha nova cola (A New Tail)
  5. Malo para o negocio (Bad for Business)
  6. Mares tempestuosos (Stormy Seas)
  7. O espertar (Awakening)
  8. Escola de terra (Land School)
  9. Polisón (Stowaway)
  10. Gardando o segredo (Keeping the Secret)
  11. Só tan novo como te sentes (Only As Young As You Feel)
  12. Tamaño xigante (Supersized)
  13. Reunión (Reunion)
  14. Un novo home (A New Man)
  15. Coidado co que desexas (Careful What You Wish For)
  16. Primeira cita (First Date)
  17. O código de tritón (The Merman Code)
  18. Ligazón de serea (Mermaid Link)
  19. Sorpresa! (Surprise!)
  20. O traballo (The Job)
  21. Novas ordes (New Orders)
  22. O último baile (The Last Dance)
  23. Quedar ou ir (Stay or Go)
  24. A verdade sobre Evie (The Truth About Evie)
  25. A pedra do tridente (The Trident Stone)
  26. O elixido (The Chosen One)

Tempada 3 editar

Cando unha serea chinesa, Weilan, libera accidentalmente un dragón de auga, ela foxe á illa de Mako mentres que a persegue a criatura. Ondina, Mimmi e Weilan deben defende-la illa de Mako e a costa dourada da súa destrución.

  1. Unha visita do leste (A Visit From The East)
  2. Ver para crer (Seeing Is Believing)
  3. Receita do éxito (Recipe for Success)
  4. A limpar (Mopping Up)
  5. A caixa do crebacabezas (The Puzzle Box)
  6. Novos inicios (New Beginnings)
  7. Cambio de rumbo (Turning the Tide)
  8. O camiño do dragón (The Way of the Dragon)
  9. O investimento da fortuna (Reversal of Fortune)
  10. A confusión dos desexos coa realidade (Wishful Thinking)
  11. Perdido e atopado (Lost and Found)
  12. Problemas de confianza (Trust Issues)
  13. A deixalo ir (Letting Go)
  14. A idade antes que a beleza (Age Before Beauty)
  15. A lenda de Jiao Long (The Legend of Jiao Long)
  16. Regreso a casa (Homecoming)

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Tempada 2 de “Mako Mermaids”". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2018. Consultado o 07 de xullo de 2015. 
  2. Jonathan M. Shiff lands global Netflix roll-out for Mako Mermaids
  3. Netflix estrea en xullo Mako Mermaids, un spin-off de H2O

Ligazóns externas editar