Mai Zetterling

actriz e directora de cine sueca

Mai Zetterling, nada en Västerås en 1925 e finada en Londres o 15 de marzo de 1994, foi unha actriz e directora de cine sueca.[1] debutou no teatro con 17 anos[2] e no cine a partir da década dos corenta. Pronto captou a atención de diversos realizadores británicos, chegando a rodar ata 22 películas nese país. No ano 1948 participou no filme Musik i mörker de Ingmar Bergman.

Mai Zetterling
Nacemento24 de maio de 1925
LugarVästerås
Falecemento17 de marzo de 1994
LugarLondres
Causacancro
NacionalidadeSuecia
Cónxuxe(s)Tutte Lemkow
Profesiónactriz, directora de cine, guionista, escritora, realizadora, actriz de teatro e actriz de cinema
Na rede
IMDB: nm0955195 Allocine: 4269 Rottentomatoes: celebrity/mai_zetterling Allmovie: p117916
Find a Grave: 10317929 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Os seus inicios na dirección comezaron na década de 1960 con varios documentais da BBC. A súa primeira longametraxe, Alskande par (1964) foi nomeada para a Palma de ouro. A súa segunda cinta, Nattlek (1966) foino para o León de ouro do Festival Internacional de Cine de Venecia.

Ao longo da súa carreira continuou a traballar como actriz, guionista e directora de cine. Tamén escribiu libros infantís, relatos curtos e novelas.[2]

Escolma filmográfica editar

[3]

  • Alskande par ( 1964)
  • Nattlek (1966)
  • Doktor Glass (1967)
  • Flickorna ( 1968)
  • Visions of Eight (1973), documental sobre as olimpíadas de Munic.
  • Love (1982)
  • Amorosa (1986)
  • The Witches (1990)

Notas editar

  1. "Obituary: Mai Zetterling". The Independent (en inglés). 19 de marzo de 1994. 
  2. 2,0 2,1 Collins, Glenn (19 de marzo de 1994issn=0362-4331). "Mai Zetterling, 68, Film Actress With a Second Career in Directing". The New York Times (en inglés). 
  3. "Mai Zetterling". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana.