Abrir o menú principal

Magda Donato, pseudónimo de Carmen Eva Nelken Mansberger, nada o 6 de febreiro de 1898 en Madrid e finada o 3 de novembro de 1966 en Cidade de México, foi unha xornalista, dramaturga, narradora e actriz española que tivo que se exiliar en México tras a Guerra Civil Española. Foi irmá da escritora e política Margarita Nelken.[1]

Magda Donato
Nome completoCarmen Eva Nelken Mansberger
Nome de nacementoCarmen Eva Nelken Mansberger
AlcumeMagda Donato
Nacemento6 de febreiro de 1898
 Madrid, España
Falecemento3 de novembro de 1966 (68 anos)
 Cidade de México, México
NacionalidadeEspañola
OcupaciónEscritora, xornalista, actriz e actriz de cinema
IrmánsMargarita Nelken
editar datos en Wikidata ]

Índice

BiografíaEditar

Naceu en Madrid[2] no seo dunha familia comerciantes de ascendencia xudeo-alemá.[3] O seu pai era un xoieiro español, e a súa nai, nada en Francia, era filla dun reloxeiro que, en 1889, fora a Madrid a traballar como reloxeiro de palacio e, ademais, que posuíu unha reloxaría e xoiaría na Puerta del Sol, nº 15 de Madrid. A súa rica familia proporcionoulle unha esmerada educación superior, pouco común para as mulleres nese momento.[1]

Decontado, en 1917, comezou a escribir no xornal El Imparcial, diario da familia Gasset, e máis tarde noutros xornais madrileños como Estampa, El Liberal e La Tribuna.[4] Asinaba os seus artigos como Magda Donato', para autoafirmarse fronte á súa irmá máis vella, Margarita Nelken.[4]

En 1939 vese obrigada a saír ao exilio pola guerra civil española, vai a Francia, e en novembro de 1941 chega a México, onde iniciou a súa carreira como actriz no grupo Les comediéns de France.[5] Escribiu xunto coa súa parella Salvador Bartolozzi obras de teatro para crianzas como Pinocho en el país de los cuentos ou Las aventuras de Cucuruchito y Pinocho, estreadas en México durante a década de 1940.[6] Algunhas das súas películas máis coñecidas foron La liga de las muchachas (1949), Curvas peligrosas (1950), El amor no es negocio (1949) e Caperucita y Pulgarcito contra los monstruos (1960). O seu labor como actriz sería recoñecido en 1960 co premio á mellor actriz concedido pola Agrupación de Críticos de Teatro.

Tras a súa morte o 3 de novembro de 1966 en Cidade de México, creouse o Premio Magda Donato co fin de recoñecer e premiar a mellor obra escrita do ano,[4] premio que foi administrado pola Asociación Nacional de Directores y Actores (ANDA) ata a súa desaparición en 1973.

BibliografíaEditar

  • La carabina (1924)
  • ¡Maldita sea mi cara! (1929)
  • Las otras dos (1931)
  • La protegida de las flores

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Guillermina Torres. Magda Donato, la eterna desconocida. http://ctxt.es/es/20170208/Culturas/11018/Magda-Donato-feminismo-sufragio.htm. Acceso o 30 de maio de 2017. (En castelán)
  2. RODRIGO, Antonina, Mujer y exilio, Flor del Viento, Barcelona, 2003, p. 32 (en castelán).
  3. Los "Reportajes" de Magda Donato revelan el "periodismo vivido" de los años 30. La Voz Libre. 3-4-2010. Consultado o 30-05-2017.
  4. 4,0 4,1 4,2 Intelectuales de la Edad de Plata (11). Magda Donato Concepción Bados Ciria. Centro Virtual Cervantes. 29-4-2009. Consultado o 18-11-2012.
  5. Donato, Magda Cine mexicano. Consultado o 18-11-2012
  6. MEDINA ORTIZ, Xóchitl (2013), 70 años de teatro escolar del Instituto Nacional de Bellas Artes. Memoria 1942-2012, México, INBA, p. 23-27 (en castelán).

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar