Mafia Galega foi un colectivo musical nacido da emigración que entre os anos 2000 e 2010 contribuíu a promover á cultura galega a través dos seus artistas hip hop e dos seus xogos tradicionais. No ano 2020, tras varios anos fóra do radar, volvieron á carga co seu primeiro álbum "o síndrome dun xaponés en París".

O colectivo

editar

Mafia Galega é o nome dun colectivo musical liderado por Francisco Fernández, coñecido tamén como Paco, que dende Xenebra participou na promoción do rap galego [1] cunha web que chegou a reunir mais de vinte grupos onde se encontraban bandas como Juanito Broders, Malandrómeda, GranPurismo, El Puto Coke ou Rack Eterno.

A nivel musical, Mafia Galega chegou a editar varios temas en recompilatorios internacionais como Underground Revolution vol2 (España, 2006), HHCH Vol1 (Suíza, 2008) e A-Free-Can Gangster (Camerún, 2008). O seu estilo caracterizábase por unha mestura de idiomas (francés, castelán e galego) así como unhas rimas desenfadadas, como demostra o tema «Ese tipo», que soou en varias ocasións polas ondas da Radio Galega.

Liet International 2010

editar

Mafia Galega representou a Galicia na sétima edición do festival Liet International do 2010, unha especie de Eurovisión para linguas minorizadas que tivo lugar en Lorient. O seu tema «Billarda sempre», himno da liga nacional de billarda e escrito polo poeta Xabier Cordal[2], foi elixido por un xurado internacional entre 46 candidaturas.[3] Para a súa actuación, o grupo estivo acompañado por Xermán Viluba, fundador e principal promotor da liga nacional de billarda, e ofreceron unha demostración deste xogo tradicional no escenario.[4]

A síndrome dun xaponés en Paris

editar

No ano 2020 Mafia Galega lanzou o seu primeiro álbum, O síndrome dun xaponés en París. Fixéronse catro videoclips realizados polo propio Paco: "Amigo", "Don Ramón", "Gastronomía Domina" e "Plan na mente".

  1. "'Mafia Gallega' en Suiza". El Progreso. 5 de marzo de 2008.  (en castelán)
  2. Nova sobre a súa representación de Galicia en Liet International. La Voz de Galicia, 4 de outubro de 2010 (en castelán)
  3. "A Liga Nacional de Billarda impulsou a representación do galego no festival". culturagalega.org. 5 de outubro de 2010. Consultado o 21 de maio de 2019. 
  4. Os novos palandores. www.elcorreogallego.es. (Entrevista). Consultado o 21 de maio de 2019.