Maewo (tamén coñecida como Maéwo ou Aurora) é unha illa de Vanuatu situada na provincia de Penama, 150 km ao leste da illa de Espírito Santo. Está situada preto da illa de Ambae e da de Pentecoste. As súas dimensións son 47 quilómetros de longo por seis de ancho, cunha área total de 269 quilómetros cadrados. O punto máis alto da illa se sitúa a 795 metros sobre o nivel do mar. En 1979 a illa contaba cunha poboación de 1.772 habitantes.

Modelo:Xeografía físicaMaewo
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Parte deNew Hebrides (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaVanuatu Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaPenama, Vanuatu Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 15°08′S 168°07′L / -15.13, 168.12
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude795 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións5 (ancho) × 56 (lonxitude) km
Perímetro136 km Editar o valor en Wikidata
Superficie303 km² Editar o valor en Wikidata

Maewo é a illa con maior taxa de choiva de Vanuatu, superando os 2.500 mm por ano. Debido a esta circunstancia, a illa é fértil e abundante en vexetación. A caída da choiva tamén fai que a auga doce sexa abundante na illa e que se formen fervenzas.