Madhvacharya (en sánscrito: मध्वाचार्य, trasliterado como Madhvācārya), nado en Pājaka, preto de Udupi[1] en 1238 e finado en 1317[2], tamén coñecido como Pūrna Prajña e Ānanda Tīrtha, foi un filósofo hindú e líder da escola da Dvaita (dualismo) de Vedanta.[3][4] Madhva chamaba á súa filosofía Tattvavāda, que significa "discusións dende un punto de vista realista".[4]

Madhvacharya
Nacemento1199, 1238 e 1199
Lugar de nacementoPajaka
Falecemento1278, 1317 e 1278
NacionalidadeHoysala Empire
RelixiónHinduísmo
Ocupaciónfilósofo e poeta
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Madhvacharya naceu na costa occidental do estado de Karnataka na India do século XIII.[5] De adolescente, converteuse en Sanyasi (monxe), uníndose ao gurú Brahma-sampradaya Achyutapreksha, da orde de Ekadandi.[3][6] Madhva estudou a filosofía hindú clásica, en particular os Mukhya Upanishads, o Bhagavad Gita e os Brahma Sutras (Prasthanatrayi).[3] Realizou comentario sobre eles e fixo trinta e sete traballos en sánscrito.[7] O seu estilo de escritura era dunha brevidade extrema e expresións condensadas. A súa obra principal é o Anuvyakhyana, suplemento filosófico da súa bhasya sobre o Brahma Sutras composto cunha estrutura poética.[5] Nalgúns dos seus traballos, proclamouse como un avatar de Vayu, fillo do deus Vishnu.[8][9]

Foi crítico coas ensinanzas da Advaita Vedanta de Adi Shankara e da Vishishtadvaita Vedanta de Ramanuja.[4][5] Viaxou pola India en varias ocasións, visitando lugares como Bengala, Varanasi, Dwarka, Goa e Kanyakumari, involucrándose en debates filosóficos e visitando centros hindús de ensino.[7] Madhva estableceu o Krishna Mutt en Udupi cun murti asegurado deDwarka Gujarat en 1285.[5]

As ensinanzas de Madhvācārya constrúense sobre a premisa de que hai unha diferenza fundamental entre o Atman (alma individual) e o Brahman (realidade última, deus Vishnu); hai dúas diferentes realidades cambiantes, coa alma individual dependente do Brahman, nunca idéntica.[4] As ensinanzas teísticas do dualismo da súa escola están en desacordo coas ensinanzas monistas[10] das outras dúas escolas máis influentes da Vedanta baseadas no nondualismo de Advaita e o nondualismo cualificado de Vishishtadvaita.[4][11] A liberación, afirmaba Madhva, acádase só mediante a graza de deus.[4][12] A escola Dvaita fundada por Madhva influíu no vaishnavismo, o movemento Bhakti da India medieval, e foi unha das tres influentes filosofías Vedānta, xunto coa Advaita Vedanta e a Vishishtadvaita Vedanta.[13][5][14] A influencia histórica de Madhva no hinduísmo, indican Kulandran e Kraemer: "foi beneficiosa, mais non exhaustiva".[9]

Notas editar

  1. Bryant 2007, p. 357.
  2. Sharma 2000, p. 103.
  3. 3,0 3,1 3,2 Sharma 1962, p. xv.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Stoker 2011.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Sharma 1962, pp. xv-xvii.
  6. Sheridan 1991, p. 117.
  7. 7,0 7,1 Sharma 1962, p. xv-xvi.
  8. Sarma 2000, p. 20 con notas ao pé 3 e 4.
  9. 9,0 9,1 Sabapathy Kulandran e Hendrik Kraemer (2004), Grace in Christianity and Hinduism, James Clarke, ISBN 978-0227172360, páx. 177-179
  10. Sharma 1962, p. 36-37.
  11. Bryant 2007, pp. 315, 358-361.
  12. James Lochtefeld (2002), Madhva, The Illustrated Encyclopedia of Hinduism, Vol. 1: A–M, Rosen Publishing. ISBN 978-0823931798, páx. 396
  13. Bryant 2007, pp. 12-13, 359-361.
  14. Stafford Betty (2010), Dvaita, Advaita e Viśiṣṭādvaita: Contrasting Views of Mokṣa, Asian Philosophy: An International Journal of the Philosophical Traditions of the East, Volume 20, Issue 2, pages 215-224

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar