Abrir o menú principal

Mad Season foi un supergrupo de rock alternativo que xurdiu como un proxecto paralelo levado a cabo por algunhas figuras importantes da escena grunge de Seattle en 1994. Inicialmente, estivo formada polo guitarrista Mike McCready de Pearl Jam, o vocalista Layne Staley de Alice in Chains, o batería Martin Barret de Screaming Trees e o baixista John Baker Saunders.

Mad Season
OrixeSeattle, Washington, Estados Unidos Flag of the United States.svg
Período1994 - 1999
Xénero(s)rock alternativo, grunge
Selo(s) discográfico(s)Columbia Records
MembrosLayne Staley
Mike McCready
John Baker Saunders
Barrett Martin
Mark Lanegan

Mad Season publicou un único álbum, Above (1995), e é coñecida polo seu sinxelo "River of Deceit". A banda pasou a estar en hiato semi-permanente en 1996 debido a conflitos de calendario dos membros e aos problemas coas drogas de Layne Staley. A finais dos 90 intentou resucitarse o grupo sen Staley, pero finalmente disolveríase tras a morte do baixista John Baker Saunders en 1999. Layne Staley morrería tres anos máis tarde dunha sobredose.