Multispectral Thermal Imager

(Redirección desde «MTI»)

MTI (acrónimo de Multi-spectral Thermal Imager) foi un proxecto do Departamento de Enerxía dos Estados Unidos e Oficina de Non Proliferación e Seguridade Nacional co propósito de realizar tarefas de vixilancia de centros nucleares e busca de po relacionado co procesamento de uranio. Foi lanzado o 12 de marzo de 2000 mediante un foguete Taurus desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.[1][3]

Multispectral Thermal Imager / MTI
TipoRecoñecemento
OrganizaciónDepartamento de Enerxía dos Estados Unidos[1]
BusBCP-600
Data de lanzamento12 de marzo de 2000, 09:29 GMT[2][3][4]
Foguete portadorTaurus[1][3]
Sitio de lanzamentoBase Vandenberg da Forza Aérea[3][5]
Obxectivo da misiónRecoñecemento, vixilancia nuclar[3][5]
NSSDC ID2000-014A
Masa587 kg[1][3][5]
Datos orbitais
Semieixo maior6844 km[5]
Inclinación97,5 graos[5]
Apoapse474,5 km[5]
Periapse458,2 km[5]

Características editar

MTI, baseado no bus BCP-600, pesaba 587 kg ao lanzamento e levaba a bordo sensores para poder observar en 15 bandas espectrais diferentes en lonxitudes de onda visibles e infravermellas. Os sensores tamén fixeron observacións con fins científicos e civís, estudando a atmosfera. Os sensores foron construídos nos Laboratorios Nacionais de Sandia. A bordo tamén viaxaba un espectrómetro de raios X (HXRS, High-energy X-ray Spectrometer), patrocinado pola NOAA e o Instituto Astronómico da República Checa, que observou erupcións solares e tormentas de partículas de alta enerxía.[1][3][4]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "MTI (P97-3)" (en inglés). Consultado o 12 de marzo de 2015. 
  2. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "MTI" (en inglés). Consultado o 12 de marzo de 2015. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 NASA (26 de agosto de 2014). "MTI" (en inglés). Consultado o 12 de marzo de 2015. 
  4. 4,0 4,1 "Note verbale dated 2 November 2000 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (01-80466). 25 de xaneiro de 2001: 7. Consultado o 12 de marzo de 2015. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 Mark Wade (2011). "MTI" (en inglés). Consultado o 12 de marzo de 2015. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar